miércoles, 24 de diciembre de 2008

BO NADAL EN PAZ E GRAZA DE DEUS




Mañá e Noiteboa. Imaginamos as vosas casas co Nacimento posto, con sinais de que estamos a vivir uns días de fraternidade recibindo a Xesús Neno nos nosos fogares.


Sabedes e cantades todos vilancicos como o célebre “Noite de Paz” ou o “Tamborilero” ou o “Los peces en el río”. Queremos sembrar agora outros máis próximos, nacidos na nosa cultura galega.



Estes dous que vou ler son do célebre grupo que hai corenta anos cantaba en Galicia e polo mundo adiante. Neste grupo, Os Tamara, estaba o gran Pucho Boedo, como solista e había dous irmáns, os Ramo González, de Noia. Eran Prudencio (xa finado, e.p.d.) e Alberte. Os dous pasaron polo Seminario Diocesan de Santiago e foron alumnos de Don Xosé Pérez Rajoán, como estudantes de música. Alberte, ademais, foi Neno de Coro na Catedral. Os dous sobresaían polas súas aptitudes musicais. Este servidor de Vdes. chegou a coñecer aos dous irmáns.



Cantaban os Tamara:



“Os anxeliños do ceo cantan cantiguiñas meigas i os pastoriños do campo cantan cantiguiñas meigas. Cantade ben baixo, petade pouquiño para que non desperte o Noso meniño”. Tiña máis letra esta panxoliña. Pero imos coa outra:



“Mirai, mirai qué feitiña a cuna do Neno Dios, quén fora unha palliña para quentarlle o corpo ó Señor. Mirai, miraille a cariña, parece un raíño arrancado do sol. Como a noite está fresquita danlle caloriña a mula i o boi. A nai lle canta moi quedo pa ver se se dorme o Fillo de Dios, i o pai lle tapa as manciñas pois vai moito frío naquel portalón. Pastores, cantaille ao Neno pois os ánxeles fuxiron. Quén pondera coma eles adorarte, meu Meniño”




Bo Nadal en Paz e Graza de Deus.




sábado, 20 de diciembre de 2008

GRAZAS E NORABOA!

Perfecto e Xosé




Benqueridos Perfecto e Xosé
qué vai ser de nos
(estamos pensando)

cando faltedes vós?
Deixades acó amigos
ante vos quedan rendidos.

Perfecto: es a voz tonante
acorde e ben falante;
es nobre, leal, sen defecto
es compañeiro dilecto.


Ao abeiro do mar de Laxe
naceu a túa fidalguía;
aquela fermosa paisaxe
fixo boa maridaxe
coa beleza e harmonía
da maxestuosa ría,
que ti decote loubabas.

Ría senlleira, ti dicías,
de augas sonoras
mar sereno
ondas canoras.

Nas terras de Altamira,
conde rico e señor
tiveches o teu albor.

A igrexa de Valenza
por ti estaba esperando
agora é túa pertenza
por nós véxote rezando.

Nado, Xosé, en Castrís
cura foches de San Fix
o de Freixeiro
de Dubra e Xallas,
o teu curato primeiro,
e, onde queira que vaias
no teu corazón irán
San Paio e Santa Baia.

Levarás contigo
a túa sabia retranca
que foi boa palanca
para nos animar.

Tes alma forte
corpo valente
tiveches boa sorte
naceches con boa estrela.

Agora, si, Compostela,
quén poidera ir canda ti
para disfrutar nela.

Iremos aló a te ver
cando teñamos lecer.

A nosa xubilación
trae algunha bágoa
e sentida emoción
anque é bendición.

Contade Perfecto e Xosé,
que non seredes esquecidos,
pois andando os camiños
deste noso Bergantiños,
sementastes, ás veces con dor,
para todos, paz e amor,
e á Fe moitos foron nacidos
para unha Igrexa mellor.

Sit ergo pax vobis
et non deficiat nobis;
videlicet ea pax
quae in hoc Natale
a Ioanne praeconitur
ab angelis canitur
pastoribus nuntiatur;


ex Puero nascitur
a Deipara datur;
Iesus in cruce meretur
dum ipse ibi moritur.

Quiescite, iubilate, gaudete,
insuper, Dei adiuvamine
in Christo laetamini.

Coma xubilado
vello e acabado,
mellor estaría eu
sentadiño e calado.

SIN XESÚS NON HAI NADAL


Estamos ás portas do Nadal do Señor. Vén el para que lle abramos as portas da nosa persoa, da nosa familia.



Xa está posto o alumeado nas rúas. Xa estamos Baixo os requerimentos comerciais. Recibimos felicitacións con aquilo de: “Felices festas”. Palabras asépticas, neutras… tópicas, que nada falan do Nadal do Señor.



E postais con neve, árbores sen follas, ceo azul, estrelas brillantes, camelos, grandes paquetes… pero falta o Neno. Falta a motivación real da nosa alegría: Xesús quere ser noso, entrar, transformar, dar sentido á nosa vida. No medio das penas e traballos que todos pasamos todo isto que el sentiu, porque era humano e divino.



Mais, se pos o Nacemento na túa casa; se cantas un vilancico ou panxoliña; se rezas coa familia; se fas unha cea moderada, que alegre ós teus, lembrando ós que faltan, porque teñen outro Nadal mellor e definitivo; se sabes repartir alegría e compartir necesidades... daquela terás o Nadal como quere o Señor, que vén como Neno, porque así empezamos todos a vivir. Porque un neno é indixencia total, unha vida que ha de ir medrando, aprendendo, madurando. Xesús, pois, un coma nós, agás o pecado. Pero que nos fai partícipes da súa realidade divina.



Alegría, pois. Bo Nadal para todos! Preparemos os camiños do Señor para que nos atope ben dispostos. Sexamos acolledores para el e para tanto próximo necesitado.

viernes, 12 de diciembre de 2008

NOVOS OLLOS PARA TODA A VIDA


Santa Lucía

Antes de que cheguen as preparacións e présas do Nadal, temos ante nós dúas festas propias destes días.

Santa Lucía, o día 13. Todos somos devotos dela porque a vista, o sentido máis nobre dos que temos, padece moito polo trafego do noso mundo e mesmo pola idade. Así temos cataratas, vista cansada, ademais da miopía e o estrabismo.

Santa Lucía pertence ó século IV, martirizada a comezos do século, en Siracusa. Polo tanto, devoción moi popular en Italia, as súas reliquias amósanse en Venecia.

Coa liturxia romana, extendeuse a súa festa a milleiros de parroquias. Así, entre nós: Carballo, Oza, Erbecedo, Rus, Artes, Vilela e moitas máis.

Hai algúns anos había este slogan: "Novos ollos para toda a vida!" querendo chamarnos á ben coidar a vista. Hoxe, os nosos ollos teñen moitos máis perigos que antano. Pantallas grandes e pequenas; lunas deslumbrantes ou insuficientes; lunas ferintes nos lugares de diversión.

Tamén o noso mundo aporta remedios: Trasplantes de córnea; os avances da mediciña para que as ondas lumínicas poidan chegar ao cerebro dos invidentes.
Redimos tributo de admiración á ONCE, que ese día está de festa. Tamén felicitamos ás moitas Lucías que viven entre nós.

E o día 14, San Xoán da Cruz, un carmelita español do século XVI. Hai poucos días tivemos a ledicia de saber que unha moza bergantiá, Ana Isbel López de Rus, fixo pfrofesión simple no Carmelo de A Coruña.

Outro carmelita, de familia moi cristiá, de Cores, o Fr. López Varela, pasou por aquí dando testimonio da vida que se vive nos conventos carmelitas, que, ademais da oración, seguen pendentes e colaboran na evanxelización.

Mencionemos tamén aquía Santa Maravillas, carmelita, nacida no que hoe é o Congreso dos Deputados. Canonizada por Xoán Paulo II. Fundou un convento no mesmo Cerro dos Ánxeles.

Rematemos cuns versos místicos de San Xan da Cruz. Fala el da intimidade con Cristo, e di:

"Quedeme y olvideme
el rostro recliné sobre el Amado,
cesó todo y dejeme
dejando mi cuidado
entre las azucenas olvidado"

jueves, 4 de diciembre de 2008

SEDE SANTOS PORQUE EU SON SANTO


Quiroga Palacios, Cardeal-Arcebispo de Santiago.
Cuadro que se encontra no Instituto Teolóxico Compostelán


Nestes primeiros días do mes de Nadal, cúmprense 37 anos do pasamento do inesquencible cardeal Quiroga Palacios.

Para os que somos testemuñas do seu servizo á diocese, a súa memoria segue viva en nós.
Quiroga veu para Santiago con 49 anos de idade, en plena vitalidade. Era o arcebispo máis xoven de España- Foi tal a sú entrega sacerdotal, que todos viamos como aquela fortaleza física ía esmorecendo. Cando fixo a apertura da Porta Santa do ano 1971, apoiábase no báculo para non caer.

Quiroga Palacios sentía unha inmensa e intesna paixón polas cousas da Igrexa. Por iso, algunha vez, tiña uns instantes explosivos, que el recollía deseguida, porque había nel unha virtude feita de dominio de sí mesmo, baixo a gracia de Deus.

Quiroga era coma unha forza sacramental. Enchía el só a Catedral, paraba bendicindo e erguía os ánimos dos que estabamos derrumbados en calquera curruncho da Basílica.

Tiña paciencia, sufría, perdoaba, comprendía. Pensamos que pasaría noites enteiras sen durmir. Era galego listo, que entendía os recursos da nosa retranca. En Quiroga tiñamos a eficacia de Xelmírez, a prestancia de Payá, a magnificencia de Monroi, a grandeza do arcebispo Raxoi, a galeguidade de Lago González.

Os seus restos mortais están preto do Pórtico da Gloria, aproveitando o estradós do arco que fixo o Mestre Mateo para soster a súa admirada obra.

Quiroga debería de ser canonizado. Mentres esa hora non chega, pensamos que xa está no mesmo conxunto do Pórtico. Na gloria, cos Apóstolos e cos Profetas.

Aquela fe con que Quiroga vivía ás ordenacións sacerdotais, parece que traspasa a landa sepulcral que protexe os seus restos. Mágoa nos dá ver que inconscientes turistas trepen aquel santo lugar. Nestes días, alí haberá ramos de flores. Desde aquí, poñemos a nosa rosa encendida de amor ao gran cardeal Quiroga Palacios.

jueves, 27 de noviembre de 2008

A especial veneración da Milagrosa


O 27 vindeiro é a festividade da Virxe Milagrosa. De especial veneración en tres igrexas de Carballo e cunha celebración, no mes de setembro, que nos deixa admirados a todos.


Nesta hora queremos referirnos ao Colexio da Milagrosa, que leva 52 anos en Carballo, facendo moito ben en toda a bisbarra bergantiñá, e lonxe dela tamén.


No centro da Vila, preto de onde había un castro, alí está o Colexio, por onde pasaron moitas relixiosas, desde a Fundadora, sor María Carracedo Viña, que son recordadas polas familias bergantiñás agradecidas aos coidados e formación recibidas pola xuventude e nenos que alí viviron.


Hoxe, naquel Colexio, hai doce Fillas da Caridade, que seguindo o exemplo e normas de San Vicente de Paúl, exercen a caridade con cantos poidan precisar da súa xenerosa axuda.


Unha nova Directora, sor Celia, leva a xestións do Centro. Hai poucas semanas, a Directora anterior, sor Alicia, recibiu un novo destino, e agora está en Lugo atendendo a discapacitados. Misión que sor Alicia acolleu con total dispoñibilidade.


Non podemos deixar sen nomear a venerables Fillas da Caridade que todo Carballo coñece. Son: sor Matilde, que foi catequista mentres puido, e tamén xa cando non podía moito. Un exemplo de caridade ben manifesto. Sor María, que agora está en cadeira de rodas, e prestou grandes servizos á vida da Casa. Asiste devotamente á Misa.


Se as Fillas da Caridade ten que ser amor tanxible, efectivo, para todos, salientemos o agarimo, tenrura, con que son coidadas polas compañeiras estes dous exemplos de Caridade, como son sor Matilde e sor María. Que por moitos anos a Virxe Milagrosa siga protexendo a esta comunidade de Carballo.

jueves, 20 de noviembre de 2008

O RETORNO DO CANTO GREGORIANO...

Coral de Bergantiños


Estamos ás portas da festa de Santa Cecilia, ou Cecía, como se di no galego oral en moitas partes de Galicia.

Temos moitas corais polas terras de Bergantiños que, se todo o ano ensaian, agora están preparando os concertos cos que van homenaxear á Santa, e regalarnos a todos nós con obras polifónicas do acervo cultural galego (Pascual Veiga, Montes, ...) e tamén competicións relixiosas. Estas nosas corais escoitámolas moitas veces solemnizando o culto relixioso. Agradecémosllo e felicitámolas polo seu labor.

Merecen especial mencións os directores e directoras destas corais. Todos son moi competentes, pero que saben conxuntar voces que teñen que educar para entregalas no grupo. A formación musical foi unificante en tempos pasados. Outras consideracións son:

- A nosa mocidade escoita música en salas, coches, na rúa... pero canta pouco.
Unha expresión musical tan característica como eran as rega pode perderse se as novas xeracións non acollen esta arte.
- A xente maior debe sumarse ao canto litúrxico, como oración comunitaria, loubanza, manifestación da Fe.
- Os vellos nostálxicos pedímoslle a Santa Cecía que haxa un retorno do canto gregoriano tan sequera en particulares intres nos que todos, galegos, españois, estranxeiros, poidamos unirnos. Hai uns mínimos aos que todos podemos chegar: María, Credo, Te Deum, Salve Regina, Veni Creator, Pange Lingua... que temos na memoria non deberían esquecer xamais, como Cantemos al Amor, Salve Madre, por exemplo, tratándose de melodías en castelán. Que Santa Cecía nos axude.

jueves, 13 de noviembre de 2008

POR SAN MARTIÑO...


Hoxe é o día grande do mes de San Martiño.
Nalgúns sitios hoxe avillan os pipotes para probar o viño novo. “Por San Martiño, proba o teu viño”. Castañas dos nosos castiñeiros para os magostos que tan tradicionais son.


O castiñeiro dá unha sombra “moi regalada de verán” canta aquela cantiga.
O castiñeiro é a nosa caoba, dá nome a moitos lugares, a moitos soutos, que, coas carballeiras, forman as típicas arboredas de Galicia.


Por iso mesmo, hai tantos apelidos “Castiñeiras”, “Castaño , Carballo...”
San Martiño, ademais, ten feira aló en Calo - Teo, onde se venden mulas galegas que levaban tratantes casteláns para laborar as súas terras.


San Martiño é o comezo da matanza en Galicia. Comezo tamén tradicional para o ano agrícola. Pensemos agora no santo. Militar, cabaleiro, catecúmeno, cristián, bispo... exemplo de servizo pastoral e de caridade cristiá.


Velaí as imaxes de Cances e Razo. En Cances, o santo comparte a súa capa co pobre que vai espido. En Razo, é un bispo que bendice a todos os fregueses que entran naquela igrexa.


Xa sei que estas imaxes non son exclusivas, pero cómpre salientalas, ao mesmo tempo que felicitamos a estas parroquias.

jueves, 6 de noviembre de 2008

INTERÉSANOS MOITO O QUE PASA NOS ESTADOS UNIDOS

Obama

No primeiro martes,seguinte ao primeiro luns, son, cada catro anos, as eleccións para a presidencia dos EE. UU. De América do Norte. oma noutros paises con democracia recoñecida e asentada. Son dous os grandes partidos que loitan pola presidencia. Loita que se concreta en dous candidatos, despois de moitas probas e seleccións.


Intererésanos moito a todos o que pase nos Estados Unidos. Se nese país loitaran de verdade contra o cambio climático; se repartiran cos países pobres algo do seu presuposto para armamento; se non se meteran na guerra de Irak... etc... etc... teríamos un mundo mellor. Se a gran riqueza que se produce neste país, estivera mellor repartida alí mesmo; se o afán capitalista polas ganancias estivera humanizado; se houbera control de armas en mans de particulares... sería un país máis xusto, sen deixar de ser un país grande, admirable. Porque é un país multicultural, que vai deixando atrás a segregación de razas de color; porque alí houbo un Lutero King que foi un home pacificador, como, noutro ambiente foi Gandhi na India.


Non somos alleos ao que pase nos Estados Unidos. A crise que padecemos poida que leve á nosa Europa a un protagonismo mundial que aporte fraternidade entre os pobos. É o que se debuxa no horizonte. Pois, como cantamos “que veña a paz á nosa terra”.

jueves, 30 de octubre de 2008

DÉIXAME ENTERRAR OS MEUS MORTOS

No decorrer do ano, temos ante nós dous días que a ninguén van deixar indiferente.
Santos e defuntos. Dous días para vivir lembrando a aqueles que van todo o ano no noso corazón. Oración, agradecemento, sentimento e convencemento da brevidade da vida; reflexión. Percibimos algo daquilo que anunciaba Tertuliano: “a nosa alma é naturalmente cristiá”.
Qué sentido tería a vida se os amores, as esperanzas aquí creadas non tiveran o seu cumprimento. A pesares do misterio do mal, Deus ten un espazo o máis profundo do noso ser. E nos días de Santos e Defuntos, esa intimidade de Deus, manifestámola de moitas maneiras. Faise tanxible, visible, confortadora, en tantas visitas aos camposantos; en tantas flores e oracións; quizais en tantos diálogos con eles, os nosos alí sepultados; mesmo en silandeiras meditacións, ou bágoas no corazón ou nas meixelas.

Todo isto, anuncia a Resurrección, que en Cristo xa se produciu, e tamén en esperanza, para todos nós. Tanto os que aínda imos de camiño, como aqueles que xa cumpriron a súa peregrinaxe.Descansan na Paz de Deus,. E un día, para algúns xa moi preto, todos nos reencontraremos no seo de Deus Pai.

viernes, 24 de octubre de 2008

ENCOMENDAMONOS A SALOMÉ, NAI DO APÓSTOLO SANTIAGO

Igrexa de Santa María Salomé (Santiago de Compostela)




Neste curso, de tantas lembranzas paulinas, non esquezamos ao noso Apóstolo Santiago, que en Galicia temos por ser o noso primeiro evanxelizador. Sendo asíl resulta que España tivo a dita de ter dous apóstolos como primeiros misioneiros da mensaxe de Xesucristo. Son: Paulo polo oriente e Santiago polo occidente da Península Ibérica.


Pois ben. O día 22 de outubro, na nosa diocese, tivemos a festividade de Santa María Salomé, nai de Santiago, o Maior, venerado en Compostela.


Foi Xelmírez, arcebispo de tantas iniciativas en favor de Galicia, que dispuxo a creación dunha igrexa adicada a Santa María Salomé. Igrexa que preside a Rúa Nova, via das máis prestixionsas de Santiago.


Conserva aquela igrexa, hoxe parroquia, o seu pórtico en fucións de tal pórtico, porque o Pórtico da Gloria, hoxe é un nártex, pois está introducido na catedral, ao estar anteposta a fachada do Obradoiro.


Ademais desa igrexa compostelá, ten Santa María Salomé unha imaxe sedente, na base dunha das columnas do arco triunfal da Catedral.


E na parroquia de Bastavales, nun retablo lateral adicado a Nosa Señora das Dores, hai unha imaxe de Santa María Salomé, de tamaño menor, que leva na man un cofre con ungüento para embalsamar o cadáver do Señor.


Van moitos recordos persoales en todo o devandito. Pois Salomé, Rúa Nova, Catedral; Compostela, nunha palabra, son fitos inesquecibles na vida dos que por alí andivemos nos anos novos do noso peregrinar polo mundo
.

viernes, 17 de octubre de 2008

COMO PABLO MISIONEIROS DE BERGANTIÑOS



O viendeiro domingo, día 19, é o Domingo Mundial da Propagcón da fe, coñecido popularmente como o DOMUND. Un día de reflexión sobre a nosa condición de profetas, apóstolos, desde o Bautismo.


Pero hai cristiáns que senten a chamada misioneira con tal viveza, que os leva a predicar o Evanxeo lonxe da súa patria.


E así temos misioneiros e comunidades cristiás noutras culturas. Hai igrexas, capelas, hospitais, ... e outras realidades ben visibles, pola entrega ao servizo do Evanxeo de tantas vocacións, polas que sentimos admiración.


Este ano temos como modelo de misioneiro ao propio San Paulo, un converso que, de perseguidor, como el di, fíxose apóstolo pola graza de Deus.


San Paulo moveuse naquel mundo de Imperio Romano fundando moitas igrexas, e tamén escribindo cartas que son hoxe, para nós, doutrina auténtica, a Mensaxe do Señor. Por iso temos tantas veces a San Paulo nas nosas misas.


Somos todos discípulos seus. Xerusalén, Chipre, a costa sur e oeste de Asia Menor (hoxe Turquía); a cosa este de Grecia; Malta, Roma… son referencia do traballo apostólico de San Paulo.


Tamén hai argumentos para defender que veu predicar a España. Tiña el propósito de vir acó como di no capítulo XV, versículo 24 da carta aos fieis de Roma. Hai en Tarragona unha capela na que se di que alí estivo San Paulo predicando a Cristo. O mar Mediterráneo, o mar Exeo viron pasar moitas veces a San Paulo nas naves do Imperio Romano nas que viaxaba para anunciar a Cristo.


Tamén padeciu naufraxios, persecucións, azoutas traicións de falsos irmáns (como el di) pero él sempre segiu adiante, ata ser encarcerado en Roma e alí decapitado. Veneramos o seu sarttego na Basílica de San Paulo. Sobrea súa Campa Lemos: “Para min a vida é Cristo” (frase do propio Apóstolo)

sábado, 11 de octubre de 2008

¿A PROTECCIÓN DA VIRXE, OU DA GARDA CIVIL?

Ofrenda de flores a la Virgen del Pilar. Zaragoza


Nos comezos do curso, en outubro, temos a festa de Nosa Señora do Pilar. Escoitaremos a xota aragonesa, cantada con torgo valentía, polos zaragozanos, que orgullosos amosan a súa identidade. Veremos moitedumes de mozos e mozas que levan ramos de flores para ir poñendo no altar da Virxe do Pilar, ergueito preto da basílica. Traxes típicos de Aragón, bailes con ritmo propio. Ogallá estea bo día.


A Virxe do Pilar é patroa de Hispanoamérica. A súa festa cae no mesmo día no que Colón chegou ao Novo Continente.


Dentro do Pilar de Zaragoza, volverán a oírse as estrofas do Himno ao Pilar, de difícil execución pero os fieis devotos cantarán con emoción aquilo de “Cantad, cantad a la Virgen del Pilar”


Tamén é a festa da Benemérita Garda Civil. Porque son firmes, cantantes, vixiantes, para ben dos cidadáns; como firme é o Pilar de Zaragoza, trono da imaxe de María.


Bo día para que recoñezamos os servizos que nos presta todo o ano a Garda Civil. Somos moi recorrentes, e moi esixentes para reclamar a súa axuda. Tempos heroicos estes para a Benemérita. O terrorismo, a delicuencia común, o mundo das drogas e outras dependencias, fan que a Garda Civil estea vixiante todas as horas do día.


Por terra, mar e aire; a pé, en coche ou furgón; en motocicleta ou da cabalo... aí temos sempre a Garda Civil.


Agradecemos o seu traballo. Pedimos a protección de Nosa Señora sobre estes homes e mulleres que nos defenden. Tantas veces, á costa das súas vidas. Honor, pois, para viúvas e fillos orfos. Recoñecemento para un Corpo que tanto axuda preta ao benestar da sociedade.

jueves, 2 de octubre de 2008

S. Xerome

DeLaTour "San Jeronimo Leyendo" 1593-1652

Aló vai septembro, cas vacacións de verán. Rematamos o mes coa festa de San Xerónimo, o patrón dos estudos bíblicos, tamén coñecido como S. Xerome.
Este santo nacera na Croacia actual, viviu entre os séculos IV e V. Como era tan sabido en lingus clásicas, o papa San Dámaso, español, encargoulle a traducción de Biblia, do grego, ao latín.



Xerónimo foi a Terra Santa, para mellor coñecer o ambiente no que vivira Xesús noso Señor. E fixo unha traducción que foi tida na Igrexa como traducción oficial. Foi chamada a Biblia Vulgata, porque moito se divulgou entre os cristiáns. E alá o Concilio Vaticano II foi a versión bíblica que manexamos nos Seminarios e Centros relixiosos.



Agora dispoñemos de traduccións renovadas, feitas sobre o mesmo texto hebreo e o grego. Son as que lemos la liturxia da Palabra.



Como imos empezar un Curso de Axentes de Pastoral que vai ter como principal obxetivo o estudo de San Paulo, vale a pena que nos encomendemos a San Xerónimo, e, seguindo o seu exemplo, teñamos ese entusiasmo pola Biblia, que el tivo.



E sendo San Paulo o Apóstolo que tanto escribui para dar a coñecer a Cristo ós pobos de fóra da Palestina; cómpre que os sintamos discúpulos de tan bo mestre como é o Apóstolo das Xentes, Paulo de Tarso, que, de perseguidor do cristianismo, veu ser, pola súa conversión, o gran predicador da fe.


jueves, 25 de septiembre de 2008

ESTIVEN NO CÁRCERE E VIÑESTES VERME

Centro Penitenciario de Teixeiro

Este mes tan mariano, setembro, tráenos a festa de Nosa Señora da Mercede. Advocación creada por San Pedro Nolasco, catalán, co obxetivo, de redimir cautivos.

Os mercedarios emiten, ademais de votos de pobreza, castidade e obediencia, o de estaren dispostos a quedar en cautividade para así liberar a cristiáns que volverían ás súas casas, substituídos por frades mercedarios.

Un cautivo redimido por mercedario foi Don Miguel de Cervantes Saavedra. Polo tanto, o noso gran escritor é un mérito da obra mercedaria. Hoxe, estes frades, están presentes nos cárceres, colaborando na restauración dos internos para que poidan volver á sociedade como cidadáns pacíficos.

Os sistemas penitenciarios están orientados a que, o propio detido, vaia progresando na recuperación da súa personalidade. Para iso veñen os tempos que se descontan da pena imposta, se hai un bo comportamento; os permisos carcelarios, as saídas en fin de semana… para que, pouco a pouco, o que foi delincuente se volva un cidadán de proveito para sí mesmo e para a sociedade.

Certo que hai fracasos neste intento de axudar ós propios presos; hai quen non corresponde á confianza que coidaban que merecía. Pero, en conxunto, preténdese algo que está en consonancia coa dignidade humana.

Así, pois, o día da Nosa Señora da Mercede, mañá, haberá unha celebración festiva, con Misa, na que participan exemplarmente os internos que o desexen. Departirán amablemente internos e funcionarios. Recibirán todos parabéns e visitas de familiares. De Bergantiños hai internos en Teixeiro, por algunha debilidade humana. Son visitados por almas boas que, de aquí, chegan deica aló. E animan e consolan a presos e familiares.

“Estiven no cárcere e viñestes verme”. Frase de Noso Señor, que dá razón do premio que merecemos se temos esta caridade cós que foron vítimas da fraxilidade humana. Porque todos podemos caer.

sábado, 20 de septiembre de 2008

SANTA EUFEMIA



O dia 16 de septembro trae a festa de Santa Eufemia a moitas das nosas parroquias.O culto nace en Ourense, onde hai, na mesma cidade dúas parroquias que teñen a esta santa como patroa.

Ourense é a capital onde se convertiron os suevos, que eran arrianos, ao cristianismo católico.

Tamén Ourense é chamada a Minerva galega, polos sabios galeguistas que alí moraron.Lembremos a Otero Pedrayo,Cuevillas, e Risco entre máis.
En Vilouchada, ábeira do Tambre, había un mosteiro que tiña culto e reliquia de santa Eufemia. E de alí derivou o culto a moitas das nosa freguesías, como son Rus, Bértoa, Leira.

Como sempre pasa cando estamo ante un santo, ou santa , moi antigos, pero moi populares, axiña xurden lendas, estereotipos, para encher un valeiro que o pobo non quere aceptar.

Vexamos a s imaxes da santa, coa palma na man, e duas coroas nela: a da virxinidade e a do martirio.

Santa Eufemia, como Santa Mariña, ou Santa Margarida, son modelos de virtude que debemos imitar,ademais de pediremos a súa intercesión.

sábado, 13 de septiembre de 2008

RECEMOS A SALVE NO DIA DE SAN PEDRO DE MEZONZO

Parroquia San Pedro de Mezonzo na Coruña

O 10 de septembro, temos en Galicia a festa de San Pedro de Mezonzo. Abade dos Mosteiros de Mezonzo e Sobrado,tamén foi bispo de Compostela, mesmo nos anos derradeiros do século X.
Almanzor chegou a Compostela e desfixo a cidade.S.Pedro de Mezonzo consegiu que se respectase o sepulcro do Apóstolo.O noso santo ergueu de novo a cidade e compuxo aquela oración Salve Raiña,Nai de misercordia, que aprendemos a rezar de nenos, e seguimos rezando a cotío.
Disque S.Pedro de Mezonzo era natural da parroquia de Santa Baia de Curtis. Alí está de párroco, desde hai dous anos, o amigo D.Manuel García Souto, nacido acó en Bergantiños, na parroquia de Corcoesto, e que exerceu un ano, como diácono en Carballo.
Visitando a parroquia de Curtis, tamén coñecida como Teixeiro, vimos que no adro teñen unha imaxe de S.Pedro de Mezonzo.Vimos tamén que toda a quela bisbarra é un val, moi chan,verde, con moitas árbores do país.Pensei que esta puido ser a terra do noso santo, que levou nbo seu corazón toda a vida. E cando dixo que este mundo é un val de bágoas, tivo que acordarse deste val de Curtis.
Frase coñecida a de S. Pedro de Mezonzo.Esta vida é un val de bágoas, pero contamos coa axuda de Nosa Señora, Santa María, Raiña, Nai de Misericordia, que nos leva a Xesús, o froito bendito de seu seo.

viernes, 5 de septiembre de 2008

EN SEPTEMBRO: INVOQUEMOS A MARÍA NAI MILAGROSA


Xa está quí septembro.O mes da reentrada.Vainos costar a todos axustarnos a horarios concretos, apremiantes.Exames, clases.Os areais irán quedando desertos.O Sol déixanos cada día mais pronto..Manda os seus raios inclinados, temos mais sombras.Poida que tamén resfriados.
Mais septembro ten un particular carácter mariano.Bergantiños móveses, no verán, entre dous santuarios marianos de ran sona e concurrencia. O día da Asunción os devotos bergantiñáns (coma dubreses e xalleiros) corren cara Vilamaior, parroquia de montaña.


Hai moitos devotos que ofrecen misas a Nosa Señora de Vilamaior.
Agora, o día 8, que é a Natividade de Nosa Señora, Bergantiños acude a Caión, xa pola véspera.Vai, sobre todo, a mocidade e peregrinan a pé.Quendas de xente nova, cos seus caxatos ou varas na man, alegran o camiño que leva a Caión.


Este é un santuario na vila mariñeira, co mar por diante. Unha panorámica fastuosa.


Os noso xóvenes ofrecen a Santa María o noco curso, cos seus anceios de empezar e rematar ben.Pois que Nosa Señora os protexa a todos.
E no centro de Bergantiños, aquí en carballo,a Festa de Nosa Señora, a Virxe Milagrosa, no seu santuario do Campo da Feira. A moitedume congregada, está moi atenta á Misa que se celebra no exterior. A xente achégase a sombra dos edificios próximos, e segue, en pé, a celebración da Eucaristía.


Procesión, despois, sobre un alfomrado vexetal, artístico, que cada ano admiramos, pero é un secreto, que ,á tal hora, estan deseñando as mentes máis esclarecidas daquel barrio.


¡Parabéns pola obra doutros anos, e pola que veremos este ano, de igual ou máis fermosura ca dos outros anos!


jueves, 28 de agosto de 2008

ROMARÍA DOS MILAGROS EN ERBECEDO



Rematando o mes de Nosa Señora, agosto, váisenos o mes das grandes romarías.


Mais no día 30, sábado, teñen en Erbecedo a Romaría Nova , é dicir,a de Nosa Señora dos Milagros que ten a capela na Erbedeira, alí mesmo onde estivo a igrexa e camposanto de Erbecedo ata fai uns 150 anos, que foi cando trasladaron a sede da parroquia para Silván, edificandoa de novo en terreos cedidos pola Fundación do Santo Anxel.Por iso, tantas veces, agora o nome popular da parroquia é o de Silván, sen mais.


O Fundador daquela Obra Pía, D.Paulo Anxel Aldao e Breixo, moito ben fixo a freguesía de de Erbecedo, desde o século XVIII en que aquela Obra naceu.


Erbecdo empeza no cume do monte Castelo, polo sur; e limita con Ardaña, polo norte.


O Parque Eólico de Castelo trouxo unha importante axuda económica para as obras comunitarias da parroquia.


O Himno de Erbecedo canta a transformación que tivo esta freguesía debido ao espiritu emprendedor, traballador,dos seus veciños:

Arriscados os de Silván;
Hoxecoa máquina,onte coa man;
Onte na tilleira, hoxe no pan;
Erbecedo, corazón bergantiñán¡
Coma unha rula que canta,
pola mañanciña cedo,
con voz doce e branca,
así canta cada día,Erbecedo

Subindo Pico Sagro, chegamos á Capela de Cereixa.A imaxe de Nosa Señora ten, a cadaunseu lado, un labrego e un mariñeiro.Así é Bergantiños.Ten ademias a imaxe xoias que foron agasallo dos seus devotos.Que Nosa Señora bendiga, unha vez mais a esta freguesía de Erbecedo

sábado, 23 de agosto de 2008

FESTA DO DIVINO SALVADOR EN SOFAN E ERBECEDO



Hoxe é o día da Virxe Branca, que din no País Vasco. Entre nós dicímoslle NOSA SEÑORA DAS NEVES, porque unha coñecida lenda romana fala da neve que caeu en Roma un día 5 de agosto, sinalando o solar que sería para a Basílica de Santa María a Maior.


Temos imaxes de Nosa Señora das Neves en Artes e Erbecedo.E hai unha feita en mármore branco, obra do famoso escultor Gambino,na Capela do Faramello,en Rois.


Mañá, empezan as festas do Divino Salvador en Sofán e Erbecedo.Estamos nos resplandores do verán e cae moi ben celebrar a festa da Transfiguración do Señor, tal como a describen os Evanxeos.Unhya admirable catequese para coñecer a identidade de Xesús,coa condición divina e humana.


En Erbecedo hai unha imaxe de Xesús co mundo n aman,pois é proclamado o Salvador do Mundo.


En Sofán,no retablo mayor,hai a escena da Transfiguración.Este retablo, e o chan da igrexa, e outras cousas máis, foron mellora promovida polo benquerido párroco de Sofán, agora xubilado,que foi D,Diego Ríos Noya, párroco emérito que descansa aló en Siguiero, preto do río Tambre.E non lonxe de San Xoan de Campo, no concelo de Trazo, que é a parroquia natal de D.Diego.


Fregeusía que tamén é a da madriña de Rosalía de Castro, a muller que levou á nosa poetisa a bautizar na Inclusa de Santiago.Da aldea do Raindo, en Campo, era esta boa madriña.Investiguen si queren, os nosos rosaliáns.


PARABENS A BERTOA NO DÍA DE SANTA MARIA

Neste mes que os antergos chamaban de Nosa Señora, o día central é o 15 de agosto, festa da Asunción de Santa María, a Nai do Señor.

Día de Santa María en todo o mundo que diría un paisano galego. Por iso non podemos traer aquí a quenda de parroquias que van ter a sú festa patronal.
Carballo ten, polo vendaval, Santa María de ARDAÑA, freguesía a que estivo unido nalgún tempo.


E polo norte, Carballo ten Santa María de BERTOA.Mesmo o territorio da marxe dereita do Allóns foi coñecido como Bértoa da Lagoa.


Bértoa é unha parroquia con importante engado:Igrexa ben restaurada, do s.XIX, con un adro amplio.Un conxunto en perfecta simetría.


Cruz parroquial do XVIII, documentada no Inventario do profesor Castillo.Custodia que leva no seu fuste un templete co Agnus Dei, coma a de Síasamo e a de Carballo.


Nas procesións de Bértoa van dous cetros que seguramente responden as Cofraderías que había na freguesía.


Un coro parroquial que dirixe Miguel Gordillo, mestre da guitarra, experto musical.


E quero salientar a imaxe das patronas de Ardaña e Bértoa.Aquela semilla unha paisana bergantiñá que leva o pano a cabeza, coma unha pañoleta.


A de Bértoa invita a erguir os corazóns, animando así a suspirar pola paz e felicidade que Santa María xa ten e para sempre.


A transformación da Igrexa de Bértoa, desde hai poucos anos,é manifesta.Retablo mayor pintado con gusto, imaxes recuperads, o Cristo gótico preside agora a bautisterio; a Casa Rectoral , salvada da ruina. Agora xa os bertoenses poden ver e trepar o lousado de cantería original, na súa igrexa.


Permítanme engadir que o servizo pastoral que vén prestando o párroco D. XESUS ANTELO QUINTANS ,foi o que puido lograr tantas melloras,para o que contou sempre coa colaboración dos fregueses de Bértoa.
¡Parabéns a todos polo ejemplo de unidade e amor á parroquia, que nos deron!


viernes, 22 de agosto de 2008

CANTEMOS O HIMNO DE SEAVIA


Hoxe, día 19, e o Sacramento de Seavia. Na procesión sairá a custodia do s.XVII que o mosteiro de San Paio deu a esta parroquia, onde houbo un priorato benedictino.Custodia que, xunto con outras xoias de Seavia,estiveron exportas en San Martiño Pinario no Ano Santo do 2004.

Queremos decir dúas palabras sobre uns versos do Himno de Seavia que coido, ao mellor non se entenden ben de todo.
Así, cando se dí Vinde acó galegos de Suecia, o voso acougo é Seavia, esta frase é unha alusión ao reino suevo que rexiu Galicia, case douscentos anos, nos sécalos VI e VII. Entenden algúns que aquel tempo significou que Galicia fora independente.Desde logo tivo persoeiros sobranceiros como San Martiño Dumiense e San Fructuoso.

Polo tanto, o centro , o recordo daquel período aureo de Galicia, hoxe é Seavia.Queda así evocado.

Outra frase que ten contido importante no Himno é: Seavia é ata Pereiras.. Isto é unha proclamación do gran territorio que tivo Seavia e que o cedeu a favor de San Paio de Coristanco e San Miguel de Couso,en dúas ocasións distintas.
Así , no ano 1864, a aldea do Carrizal, e por 1910, a aldea de Pereiras, deixaron de ser de Seavia por determinación dos Arzobispos.Sendo antes o Rego da Rabuxenta, a división, polo solpor,entre Seavia e as fregeusías antes mentadas.
Tamén hai documentación de que o territorio que hai entre Salgueiras e Castris, nos vellos tempos, era traballado, alternativamente, polos veciños de ambas aldeas.

Perdoen esta incursión no pasado.Sexa todo para felicitar a Seavia, gande e con grandeza, neste seu día do Santísimo.



jueves, 7 de agosto de 2008

SAN FINS DO CASTRO




Nos primeiros de Agosto temos unha romaría moi coñecida na redonda de Bergantiños. Esta vez é na parroquia de Cesullas, concello de Cabana de Bergantiños.


Nunca paraxe con carballos, vidueiros, fonte ecapela, alí honran a San Fiz (ou San Fins), martir, executado en Xirona, a comezos do S. IV. E nesta catedral os seus restos mortais.


En Catalunya este santo é
moi venerado, e aparece o seu nome Feliz,tanto na onomástica persoal,coma na toponimia. Esto amosa a popularidade de San Fins do castro.


Este santo foi cantado nos versos dun acreditado poeta, Prudencio, nado en Calahorra pero sempre citado como de Zaragoza.


Prudencio fixo moi famoso a San Fins, como tamén no seculo IV no que el viviu, fixo popular a Santa Baia de Mérida.


Mais importante para nós é saber que en San Fins de Solivio vivía aquel ermitan Pelaio que axudou a descubrir, á comezos do século IX, o Corpo de Santiago en Compostela.


Velaí a San Fins venerado, desde tempos moi antigos, na nosa diocese.


En dereito mesmo de Compostela, cara occidente, temos San Fins de Brión, que tamén empeza Agosto coa festa patronal. Desde as Torres de Altamira,en Briós, vense as de Compostela.


O Conde de Altamira chegou a dominar no século XV un amplo territorio na Costa Morte, no que tiña os castelos de Vimianzo, Ferreira,Mens, e mesmo parte da Vila de Malpica.E bastantes parroquias de por aquí foron patronato do devandito Conde.Mesmo a parroquia de San Estevo de Cesullas foi presentación do Conde de Altamira.


A pregunta é:¿Sería tal persoeiro o que promovería en Cesullas o culto a San Fins?.Velaí unha hipótesis que poden estuar os expertos.


Ben quixéramos que a romaría de San Fins do Castro fose un modelo, un prototipo de romería enxebre, clásica, tal como a quixo D.Saturnino Cuiñas Lois, o benemérito párroco folclorista, tan homenajeado e recordado en San Fins do Castro

jueves, 24 de julio de 2008

NA FESTA DO APOSTOL





Estamos ás portas da festa do noso Apóstolo, Santiago o Mayor.Anque algo lonxe de Compostela, a Costa da Morte e Bergantiños teñen bastantes igrexas adicadas a Santiago.


Así temos, en Sonería: Loroño, Carreira e Traba.
En Bergantiños: Sísamo.
En Laracha: Arteixo e Vilaño.
En Seaia: Mens.


Todo isto fainos pensar na influencia que o sepulcro en Compostela exerceu sobre estas terras.Dependencia despois ratificada polo gran Conde Traba, poderoso señor en tempos do arcebispo Xelmírez.Era aquel Conde, Don Pedro Froilaz, un home piadoso,amigo de Xelmírez, colaborador nos proxectos de grandeza religiosa e politica que aquel arcebispo tiña para Compostela.


Os plans políticos non foron acadados, pero a devoción xacobea daqueles dous persoeiros quedou acó para sempre.
Veneramos, pois, o Santiago Peregrino, camiñante, evanxelizador, que vai co seu bastón e o libro do Evanxeo, leva presa, mira cara adiante porque ten moito que percorrer.
Temos tamén o Santiago Cabaleiro, froito dos romances medievais, nos que o cabaleiro defendía ós pobres, loitaba contra o mal. "Deshacía entuertos", como Don Quijote, o derradeiro cabaleiros dos nosos libros de tal xénero, que remataron cando Cervantes compuxo o seu famoso libro sobre o Hidalgo de la Mancha.


Todos os curas temos unha forte querencia pola cidade de Compostela. A Catedral,o Sewminario, San Martiño Binario son capítulos decisisvos nas nosas vidas.


Anque moi sabidos, vou rematar con aqueles versos de Gerardo Diego:
"También la piedra, si hay estrellas ,vuela
sobre la noche biselada y fría,
creced, mellizos lirios de osadía,
creced, pujad, torres de Compostela"

miércoles, 16 de julio de 2008

CON ROSALIA, CELEBRAMOS O CARMEN




A festa de Nosa Señora do Carme. Advocación que levaron, e ainda levan, moitas mulleres da nosa terra.


Neste día 15, pero do ano 1885, ás 12 do mediodía, falecía Rosalía de Castro, na Matanza, en Padrón Hai ,pois, 123 anos. Era Ano Santo e ela, gran creente, recibidos os Santos Sacramentos, ainda manifestaba que quería reòñerse e ir a Santiago en peregrinación. Naquela hora, as campanas de Bastavales, que ela cantara, anunciaban a romaría do Carme.
E así , hoxe, en moitas parroquias.


Nas da beiramar, empeza agora unha temporada na que se poderán ver devotas procesións pola ría, coa imaxe do Carme.
Mariñeiros e labregos, que son a esencia da Galicia tradicional, manteñen a devoción á Nosa Señora do Carme. Temos todos a certeza de que viaxamos, traballamos, en terra ou mar, e temos que loitar contra as ondas feras que se levantan nos mares da nosa vida.E clamamos a Nosa Señora.


Sabemos o escravo que é o traballo no mar, o perigoso que é;os naufraxios que de vez en cando se producen.¡Hai tantas orfandades, loitos na beira-mar!


Encomendamos ós nosos mariñeiros a Nosa Señora do Carme.Pero tamén erguemos a voz para reclamar mais medios para seguranza dos traballadores do mar; un descanso semanal efectivo;un precio para o pescado que sexa xusto e compense tanto esforzo, perigo, nocturnidade, xornadas intensivas, alonxamento da familia ariñeiros de baixura, altura ou mariscadores son un sector social que merece as nosas atencións


miércoles, 9 de julio de 2008

SAN CRISTOVO NOS PROTEXA




Agora , mediados de xullo, empezan as romerías adicadas a San Cristovo.


As parroquias de Lema e Xavestre, que o teñen por patrón, abren o camiño destas festas.No remate do mes, outras parroquias , como San Cristovo das Viñas (na Coruña),Erviñou e Portomouro (en Dubra) honran a este santo.


Carballo resérvase para ter a festa no Santuario de San Cristovo , o primeiro domingo de agosto.


Cáenos preto Lema.No retablo maior, de comezos do século XX, hai unha imaxe na que o santo, entre admirativa, interrogante, escrutadora, dirixe a súa mirada ao Neno Xesús que leva no seu ombreiro esquerdo.


Somos moitos os que invocamos a San Cristovo cando emepzamos as nosas viaxes. Que non nos falta a súa compaña para que teñamos prudencia, respetando así a propia vida e a dos demais.


Lema ten outras belezas que hai que salientar.Un presbiterio románico, unha sacristía na que se poden admirar as ménsulas románicas que ornamentaban o exterior da igrexa.A restauración da sancristía e melloras previstas para os retablos laterais, de gran valor, están recuperando a fermosura desta igrexa de Lema.


Terra de bo clima, pos está mesmo a nivel do mar.Aquela é a horta que enche de verduras e froitos do campo a praza de Carballo, nos días de feira ou mercado.


A Ría de Lema (así cahamaban á alfubeira) cos seus poucos centímetros de auga penetrados polos raios do Sol, cría moluscos que son o alimento de moitas aves que apousan e aniñan naquel humedal. Temos que amosar un gran coidado a este complexo de beleza e vitalidade que distingue á beiramar de Carballo.


jueves, 3 de julio de 2008

FELICES VACACIONS




Xa estamos no mes de Santiago. Ateigadas van estar as nosas praias.



O Sol, dourado,encherá de calor, cor e alegría a ribeira do mar bergantiñán.



Azul turquesa deica ao horizonte;azul celeste arde as augas son menos profundas.Todo ribeteado de cenefa branca, que é a escuma das ondas que chegan exhaustas, que morren, sobre a area abrancazada.Tanto loitan as ondas , que cando chegan cansas, parecen poñerse de xionllos ante o paífico espectador.
As gaeivotas despregan as súas ás, e fan un coro monocorde que nos sitúa no ambiente.



A invasión de ondas que, en armoniosas quendas, van vindo, chega de Arnadoos en Razo, deica a Pedra do Sal, en Baldaio.
En terra, asembleas de piñeirais son acunadas polo vento mareiro. Verde escuro no monte, verde esmeralda nos prados e labradíos.



No linde do horizonte, solitario e maxestáticos, un trasatlántico navega cara a Coruña.



Tanta beleza chámanos ós creentes, a reflexión e meditación.
Pero algo que engadir:



-A estrada que vai de Carballo a Razo é estreita e retorcida. Non queremos tyer tristes noticias do gran trafego que vai ter.
-O Sol é perigoso para a pel se estamos expostos a el en horas do mediodía, sen protección.Disque estan aumentando os cancros de pel e as espunllas desta natureza.



-Sentidiño, pois, pero coidado hai que ter especialmente para ós nenos, pois teñen pel mais delicada.
¡Así poderemos ter felices vacacións!





lunes, 30 de junio de 2008

NESTA MAÑÁ DE SAN XOÁN SAUDAMOS




Nesta mañá de San Xoán saudamos a todos os que neste día lavaron a cara coa auga posta ao resío da noite, con caraveles e fiuncho. Ou saltaron na cachela.


Saudamos a todos os que teñen a súa casa enramada con espadanas, hortensias, etc para que non entren as meigas.
Saudamos a cantos nesta alborada viron bailar o Sol; ou cantar os galos na lagoa de Alcaián; ou bailar as meigas no alto de Monte Neme.


Hoxe hai moitas festa de San Xoán, patrón tamén de Carballo.
Aquí temos dúas imaxes de canon menor.Unha , de forma clásica: O Santo leva o Año de Deus enriba do libro da Sagrada Exc ritura.Esta fermosa imaxe sal na procesión.
Outra, na que o Santo está sinalando coa man ao Año de Deus que está ancrado no chan, a carón.


E hai dous cadros coa escena de San Xoan bautizando a Xesús Noso Señor. Un estáno bautisterio, que é da aotoría e doazón de Antoñita Villaverde Pumar, artista natural de Carballo e residente na Coruña.


Outo cadro está no testeiro da Igrexa, obra dun laureado pintror de Benidorm: Miguel Ribes Sogorb, regalo dun devoto carballés.


Mañá é o día do Santísimo sacramento en Carballo. Procesión longa e devota, con tres altares esperando a chegada da Santa Forma e alfombras de flores que son expresións de gusto, arte e devoción.


Conta agora Carballo con tres custodias. A século XIX, de cobre sobredourado, con un templete no nó, deseño igual ao que teñen as custodias de Sísamo e Bértoa.
Hai uns anos, un particular doou a custodia que se expón cada xoves na cripta de Igrexa.


Este ano, o día do Sacramento, irána procesión, por vez primeira , a custodia arxéntea que hai pouco doou a Cofradía de Nosa Señora das Dores. Ë un modelo conformado coa vella tradición galega, na que a Sagrada Forma vai enmarcada nunha especie de retablo rectangular.


Remataremos coa festa de Nosa Señora do Carmen. Mariñeiros somos todos que loitamos contra as ondas feras do mal.Pero Carballoçe tamçen mariñeiro porque aquçi asçentase unha importante industria do mar que axuda a vivir a moitos bergantiñans.



lunes, 23 de junio de 2008

XORNADAS PROPOSTAS POLA ONU



A ONU propón moitos días do ano para pensar en necesidades e problemas do noso mundo. Esta semana caen varios deses días. Repasémolos.


Hoxe, 17, é o Día contra a desertización a a sequía: O lume nos montes déixanos sen as arboredas que conservaban a humidade, atraían a chuvia, limpaban o aire, fermoseaban a paisaxe. Pero, o lume, ademais levanta a terra vexetal, vén a chuvia e arrastra para entullar os ríos, que mal poderán así criar peixes.


O deserto e a sequí veñen xuntos para a nosa terra.Non coidemos que é cousa, somentes, das terras do sur de España. Cada ano a natureza intenta florecer, recuperarse, pero cóstalle traballo, e as árbores e tantas aves que viven nelas van desaparecendo.


O día 20 é o Diía Mundial dos Refuxiados: Campos de Refuxiados hainos sempre que hai unha guerra, un terremoto, unha inundación. A corresponsabilidade humana ( e para nós, a caridade cristiá) ten que acudir, antes ca ninguén, na axuda necesaria. Cada vez colaboran mais os estados. Non sei se non será, nalguns casos, para tratar de borrar as acusacións sobre as inversións que se fan en armas para matar e destruir.


O 21, con San Luís Gonzaga, poñen o Día da Música. Pero nós, os católicos, temos no 22 de novembro, con Santa Cecía como Patrona, o Día da Música. Aproveitemos o 21 deste mes de San Xoan para cantar, vista a fermosura de Bergantiños neste mes do Santo Patrón de Carballo.

miércoles, 11 de junio de 2008

FESTAS DE SAN ANTONIO DE AGOLADA E SAN ADRIÁN DA PIÑA



Estamos ante dúas festas moi populares en Bergantiños: San Antonio de Agolada e San Adrián da Piña.A primeira no concello de Coristanco;a segunda no concello de Carballo,lindando xa co concello de Larcha.


San Antonio ten na Agolada celebración moi concurrida en cada primeiro domingo de mes. Hai feira alí e unha fonte presidida por unha imaxe pétrea do santo,que é copia da que hai na igrexa. A da fonte,é obra dun recoñecido artista bastavaleiro, que ten obras en Seavia, Bastvales, Verdillo e tamén na Praza do Concello de Carballo.


Por outra banda, San Adrián da Piña abre as celebracións que, adicadas ao mesmo santo haberá en Malpica,con San Adrián do Mar; en Corme,Razo, Bértoa, Verdes, Freixeiro, e noutras parroquias.


Este santo está adornado coa lenda que todos, moitos polo menos, xa coñecen. Era o tempo da chegada á Nosa Terra do Cristianismo.Víu o santo que aquí había un culto moi extendiddo as serpentes, deu un golpe no chan, e todas fuxiron para acovellarse debaixo das pedras. Ben trovado, que diría un italiano.


Adrián era un soldado romano e o seu enfado, a súa autoridade puxeron fin o culto ofiolátrico que os "Sefes", un pobo primitivo de Galicia, tiñan como propio.


Batemos así coa serpente que hai na pedra do cruceiro de Gondomil. E coa illa Sepeira, alí preto, alí preto. Pero os expertos non saben definir a que cultura pertence aquela enigmática serpente que repta na base do cruceiro.
Hai quen a vencella a lenda de San Adrián;hai quen entende que poidera ser o pé dun cruceiro cristián, onde se expresara o mal, como aparece no Libro do Xenesis, que motivou a victoria de Xesucristo na Cruz sobre o pecado, rematada na Resurreción.



miércoles, 4 de junio de 2008

ANIMO, ESTUDANTES



Estamos a rematar o mes de maio e queremos ter unha lembranza para os nosos estudantes.


Chega a hora dos exames, que é a hora do gran esforzo e tremor polo resultado dos mesmos.


Os nosos estudantes, de todos os niveis,están nun intre de concentración para recoller na mente, os saberes, conceptos e ideas, que precisan para superar o curso.


Os bos alumnos, (coidamos que son os máis) foron aproveitando, sementando durante o curso, agora chega a hora da recolleita.Será para ben.


Se houbo algúns que, a pesares dos esforzos e traballos dos señores profesores, deixaronse ir levados pola perguiza, ístes son os que mais preocupan.


Os profesores, os compañeiros, todos van colaborar para que o curso rfemate con ben, e todos teñan as chamadas merecidas vacacións. Gran satisfacción haberá nas familias, nos centros de ensino, se os resultados escolares son os desexados.
Sabemos que hoxe domina o imperio da imaxe, o ordenador e moitos medios que facilitan a ensinanza.Pero o esforzo de cada quén resulta im prscinble, hoxe e sempre.


Tanto naqueles tempos das veterana pizarra, ou u ábaco para os cálculos aritméticos;como no tempo das perfectas máquinas para nun intre calcular.


Sempre digo, a atención do alumno é algo elemental, necesario, para a formaci´on intelectual.


Que haxa paz e sorte nesta hora dura para o estudantado.


jueves, 22 de mayo de 2008

Día das Letras Galegas



Pasan axiña os acontecementos, maís, neste caso, queremos lembrar algo do pasado Día das Letras Galegas, que foí o sábado.


Estivo adicado este ano a Xosé María Álvarez Blázquez. Un gran poeta nado en Tui no 1915 e finado en Vigo no 1985.
En 1967 publicou en Vigo un libro, pequeño si, pero moi importante para a nosa cultura, tiven a sorte de mercar esta obra o pouco de sair do prelo, e tenme feito moitos favores, titúlase “Cantos de Nadal, Aninovo e Reis”.


Eran tempos nos que o noso folklore de Nadal estaba algo esquecido. Nas diversas versións que Álvarez Blázquez recolleu das nosas pansoliñas (“matines” en Bergantiños) pode deducirse que hai un tronco común, coas variantes que un texto cantado, repetido pla xente, (en moitos casos sen saber ler), vai recibindo frases que son creación particular.


Gran traballo de pescuda na tradición galega fixo Álvarez Blázquez. Outra obra do noso Autor foi un Cancioneiro da Nosa Señora, editado no Ano Santo Mariano de 1954. Recolle nel cántigas populares que había nos diversos santuarios marianos de Galicia.


A miña sorpresa foi ver que, do santuario mariano de Abades, no concello de Silleda, recolle esta cuarteta:
“Nosa Señora de Abades ¿que ha de dar ós seus romeiros?, auguiña da súa fonte, a sombra dos seus castiñeiros”.


Como se pode ver, hai manifesta semellanza coa cántiga famosa do santuario de San Fins do Castro, que, se non me engano, di así: “O Noso San Fins de Castro, qué lle dá ós romeiros?, auguiña da súa fonte, e a ……….. dos seus vidueiros”
Temos anotado paralelismos semellantes no folklore doutros santuarios e doutras vilas.


Os investigadores dirán cál é a versión orixinal.

martes, 13 de mayo de 2008

San Isidro Labrador





O xoves, 15 deste mes de maio temos a festa de S. Cidre, conocido como San Isidro Labrador, patrón de Madrid, onde é día festivo, no eclesiástico e no civil.


É un santo do século XI, que traballaba como xornaleiro nos campos onde se levantou a gran cidade de Madrid.


Os seus restos mortais consérvanse na igresa que veu exercindo de catedral ata que se rematou da Almudena, en tempos do cardenal Suquía, ben coñecido entre nos por ser arcebispo de Santiago nos anos que van do 1973 ata 1983.


En Bergantiños conservamos o haxionimico particular, CIDRE, porque hai o homes así chamados e porque hai o topónimo VILAR DE CIDRE na parroquia de Razo.


Festa adricada a S. Cidre haina na parroquia de Xaviña, en Coristanco. A imaxe do santo preséntase arando, conducindo un par de bois; en actitude orante, moitos casos, acompañado da sua dona, que é Sta. María da Cabeza. Por certo, esta santa ten culto na parroquia de San Simón Ons, conocida como “cacheiras”, disque porque levaron cacheiras como ofrendas á capela da santa.


Mirando a Bergantiños, que é tan agrícola, graneiro de Galicia, vemos unha terra onde o sector do agro vai perdendo traballadores, como tamén o mariñeiro. O comercio, os servicios, a industria, a construcción, os estudos universitarios... van gañando seguidores en detrimento do campo, e dos pescadore. Pero é xusto recoñecer que a cultura propia de Bergantiños, a sua fala ten sonora, a sintaxe da misma, todo iso foi patrimonio conservado por labregos e mariñeiros.


E así mesmo, a valioso don da Fe cristá.


Polo tanto, tivemos acó moitos santos Cidre, que nos axudaron a ser o que somos e debemos seguir sendo como cristians.


jueves, 8 de mayo de 2008

PARABENS OS CREGOS DE VODAS DE OURO E DIAMANTE




O día 10 de maio é a festa de San Xoan de Avila, patrón do Clero secular español.


Arredor dese día, na arquidiocese compostelá, celebramos as Vodas de Prata,Ouro e Diamante dos sacerdotes que teñen 25, 50 ou 60 anos de ministerio.


Como xa se anuncióu, entre os que esta de xubileo, hai sacerdotes de preto de nós.


Son D. XESUS BELLO MATO, natural de Cances, onde naceu no ano 1931, e foi ordenado presbítero no 1958.


Como xa estivo, no programa As voces de Igrexa de Radio Voz, hai quince días, nada imos engadir.


Pero hai outros compañeiros que tamén estan de Vodas de Ouro e queremos nomeálos:


-D.XERMAN CAAMAÑO MATA, que foi párroco de Ardaña ata 1985, despois pasou a Carral e veu de novo a súa terra, sendo párroco de Castriz.Haberá seis anos que se retirou por enfermidade, e vive na Coruña.


-D.MANUEL GERPE GERPE, natural de Montouto e párroco de Arantón,en santa Comba, así como Secretario da Vicaría Xudicial do Arcebispado.


Tanto este D.Manuel como D. Xermán foron nenos de Coro nos anos de 1940, na Catedral de Santiago.Hoxe non hai aquela institución, pero os que ingresaban como Nenos de Coro eran moi dotados para a música e o canto.
- D. LUÍS PASTORIZA ABELENDA, natural de Valenza (Coristanco), párroco de Caión dende hai moitos anos.

-D. FERNANDO PALLEIRO DOMATO, natural de Sorrizo, párroco de Rianxo.Curmán de D.Luciano Méndez Palleiro, natural de Caión, profesor que foi do Seminario de Santiago, como gran experto en Filosofía.


Lembremos agora a D.FRANCISCO PALLAS LOPEZ, nacido en Razo en 1923, e ordenado no 1948.Párroco de Cerqueda e Vilanova, no Concello de Malpica.


D.Francisco era no Seminario, un gran defensa no fútbol, salientando pola sua fortaleza fisica; tamén amante do canto gregoriano.Os mais vellos recordamos aqueles tempos nos que os seminaristas en tempo de servizo militar, tiñan que prestálo durante as vacacións do verán, e vestían "caqui" coma os demais soldados. Entre eles estivo o noso amabel D.Francisco.
Recorda él moi ben a construcción da actual igrexa parroquial de Razo, onde celebrou a Primeira Misa.


Pois ben o Sr.Arcebispo invita aos sacerdotes para concelebrar estes faustos xubileos.Dará un agasalloaos que estan de Vodas.Convidados polo Sr.Arcebispo, xantaremos e felicitamos a estes compañeiros.


Pediremos ao Señor que lles dea moitos anos de vida para ben das súas parroquias e de toda a Igrexa


miércoles, 30 de abril de 2008

ANTE O PRIMEIRO DE MAIO



Estamos no ambiente obreiro, que nos trae todos os anos a Festa do Traballo no primeiro de maio.


Onte, día 28, foi o día mundial pola Seguridade e a Saúde no Traballo.Temos un alarmante número de accidentes no traballo, tanto na industria, como na construcción, no tráfico e tamén no moderno traballo agrícola.


Foi o día 1º de maio do 1886 cando en Chicago preto de 100.000 manifestantes pedían a rebaixa das horas de traballo, para quedaren en oito horas diarias, polo tanto 48 horas semanais.


O enfrentamento coa policía durou unha semana, morreron ducias de obreiros e tamén policías.Houbo centos de feridos, entre eles, mulleres e nenos. Houbo xuizo e sentenza con aforcamento dous días despois.


Nos nosos días, apareceu o paro pola situación económica que se da nas economías do mundo.A suba do petróleo, o decaemento da construcción,son causas recoñecidas. Velaí un gran traballo para economistas e políticos.


Velaí os problemas humanos para inmigrantes, emigrantes, traballadores.


Pensamos nos nosos labregos que teñen todo mais caro para produciren e todo mais barato a hora de vender.Invertiron en maquinaria, teñen préstamos que pagar.Sabémolo ben moitos galegos que descendemos de familias traballadoras no campo.


A Igrexa pon no 1º de maio a festa de San Xosé Obreiro.Pertencía él a unha clase humilde.
Algún autor escribiu: Moitos delantais, vestimentas de carpinteiro, irán para acarón de Deus;quizais moitos traxes de gala, quedarán mais abaixo

viernes, 25 de abril de 2008





Este 22 de abril esta adicado pola O.N.U pensou na conservación do noso planeta. Estamos no Dia Da Terra.
Contaminación , cambio climatico reconocemos xa que os humanos non tratamos ben a nosa casa por eso ten tanta forza na opinión publica o movemento ecoloxista .




Agora mesmo xa nos estan falando do dano que fan as bolsas de plastico, de uso diario. O problema da basura acumulada , a necesidade de mais depuradoras; o coidado que debemos ter todos no cunsumo excesibo de liquidos corrosivos o uso de contenedores , conposteiros… e moitas cousas máis teñen que ser propositos para que amemos a terra como morada dos humanos para moitas xeracions para moitas xeracions .




Gran problema teñen os gobernos coa escaseza de enerxia e de auga , que impon un razoable consumo das mesmas no fogar e nas vias publicas.



Preferimos falar agora da terra como realidade inmediata, algo familiar e persoal. O noso bando Eduardo Pondal, cantou a Bergantiños como “terra roxa ao arar, nobre e testa. Cando os arados (agora tractores) van movendo a terra para as novas sementes, descubren unhas leiras de cor roxa, que dan toda clase de alimentos. Tena testa composta en terróns. Rosalia expresaba o seu amor pola terra con aquela garimosa expresión de “terriña onde me eur criei; terriña que sentia moito deixar: tantas legoas mar adentro, miña casiña, meu lar.




¡ Como todos os nosos emigrantes.


Un ben de Deus é a Nosa Terra!






O 16 de abril, é día de San Fructuoso, santo, que, coma o seu antecesor San Martiño de Dumio, moito influiu na cristianización de Galicia nos sécalos VI e VII.


San Fructuoso era natural de Astorga, polo tanto da Galicia Romana, chegou a ser Arcebispo na cidade portuguesa de Braga. Fundou moitos monasterios. E outros que el non fundara, aceptaron as normas da vida espiritual que o santo deu. Polo tanto, na fundación de moitos mosteiros que se perde na lonxania dos tempos, haberá que ver en cada caso, a probable influencia na vida monástica, que tuvo san Fructuoso.Bergantiños e terra de vellos mosteiros: Canduas , Almeriza, Lemaio, Seavia… .Mosteiros que a finais do século XV vironse afectados pola reforma dos reis católicos e foron perdendo autonomia e desaparecendo.


Resulta pois, que o noso cristianismo bergantiñan tivo un tempo áureo no medievo, cultivado polos que viviron monacalmente a súa Fe, que así foise estallando e callando na fundación de tantas parroquias.


Por iso nobres e arcebispos favorecian ós mosteiros: era focos de Fe, de cultura e de organización da sociedade.
Nos nosos tempos, ou, por mellor decir, nops nosos dias, temos unha Fe católica que, en boa parte, é cultivada, ensinada ejemplarmente por tantos laicos, homes e mulleres, (máis mulleres ca homes) que, cada fin de semana preparan as súas celebracións nas catequesis, acollen, animan e comprenden ós nenos. Calquera pode velo nas nosas parroquias.


Pero salientazos a labor daqueles seglares que van celebrar A Palabra alí onde non pode estar presente un sacerdote para presidir a Eucaristía.


Isto pasa entre nós como consecuencia da Escola de Axentes de Pastorais. Realidade viva e presente, que estivo de acutalidade, non hai moito, nos medios de comuinicación de Galicia e de España. Un ejemplo, pois, de Bergantiños, para todo o noso pais.


viernes, 11 de abril de 2008

BOLOS DE PASCUA, MELLOR QUE EUROS




XA imos adiantados no tempo Pascual, pero liturxicamente a Pascua é unha vivencia permanente durante cincuenta días.
Non esquenzamos realidades sociais, culturais,mesmo tamén pertenecentes á celebración cristiá do bautismo, como son os agasallos que os padriños dan ós seus afillados.Con iso queren ratificar o seu compromiso por colaboraren na formación cristiá que xurde daquelo sacramento.


Nos tempos feudais, os señores recibian o tributo cuaresmal, que eran ovos de galiña, pois, pasado o inverno empezaban a abondar.


Un ovo é xermen de vida, coma a primavera, coma a Pascua. Con ela, Cristo, e nós empezamos unha vida nova no bautizo ou renovándoa na Vixilia Pascual.


Os hebreos, cando sairon de Exipto,comeron o pan sen levedar, pois tiñan presa para botarse ao camiño.


Na Pascua, en tempos de Xesús, e agora nós, tamen temos para a Eucaristia, pan sen levedar.


San Paulo dinos que temos que ser pans novos, sen levadura, sen pecado.Esa ten que ser a nosa Pascua.


Os xudeos comían durante sete días, empezando na noite da Pascua, o pan sen levedar.


Se xuntamos a s dúas cousas: o pan e mais os ovos, teremos eses bolos que os padriños daban ós afillados. E digo daban, porque quizais os afillados de hoxe prefiern euros en vez de bolos de ovo con azucre.Mais o vil metal ou un billete de é frío, duro, non ten sentimento.


Gustábanos a estampa popular de ver ós nosos moufando no sabroso pan de ovo, e cos beizos cheos de azucre.



viernes, 4 de abril de 2008

AS FILLAS DA CARIDADE




As normas de Liturxia teñen as súas esixencias. Así, este ano, por caer tan baixa a Semana Santa, ou, se queremos, tan adiantada a Pascua, houbo que trasladar a celebración da Anunciación (ou da Encarnación do Señor), a un día máis aló da semana de Pascua.


Sabido é que as Fillas da Caridade cada ano renovan os seus votos o día 25 de marzo, que é o dia fixado no Calendario da Igrexa para a celebración da Anunciación a María da Encarnación de Xesús. Pero nos anos en que tal celebración se traslada, tamén as Fillas da Caridade trasladan a renovación dos seus votos. Así ocurriu este ano.


As Fillas da Caridade son creación de San Vicente de Paúl, no século XVII, párroco en París, con especial adicación ós pobres, a toda clase de pobreza, sendo él un Apóstol da Caridade.


As Fillas da Caridade chegaron a España haberá 215 anos, e están en Carballo desde hai 52 anos.


Falando con precisión, as Fillas da Caridade no son monxas, aunque o pobo adoita chamalas así. A intención do Fundador, San Vicente, quixo que as Fillas da Caridade estivesen no medio do mundo, non recluidas nun convento. Por iso son relixiosas seglares, tanto que, o establecido por San Vicente foi norma que, no ano de 1940, o Papa Pio XII extendeu á toda a Igrexa, fundando o que chamamos Institutos Seculares. Hoxe hai moitos Institutos destes, pero ningún supera ó das Fillas da Caridade en popularidade, e número de obras de caridade que elas atenden en todo o mundo.


Temos en Carballo un centro de contantes servizos de caridade a moitos nenos e nenas de Bergantiños e de fora desta mesma terra.


Desde aquí queremos felicitalas e agradecerlle o seu exemplo constante, calado, para tanta obra boa que veñen levando adiante entre nós. Que o Señor siga bendicindo con novas vocacións a obra das Fillas da Caridade.

martes, 25 de marzo de 2008

Evoquemos hoxe, con veneración, as cruces parroquiais




Evoquemos hoxe ,con veneración, as cruces parroquiais que son a xoia emblemática, o gran distintivo que valoran as nosa freguesías.


Presiden as Procesións; foron, en tempos,ás Misións que había en parroquias veciñas.


Cruces arxenteas, que no fronte levan a imaxe do Crucificado sobre un gravado no que aparecen as murallas de Xerusalén e mais o Sol e a Lúa, protagonistas no relato evanxélico da Morte de Xesús.


No reverso, levan a imaxe do Patrón da Parroquia, ou a da Asunción de Nosa Señora.


Cruces hai do século XVII, de finísima lámina de prata, que leva como soporte alma (que din) de madeira. Así a cruz de San Adrián de Verdes.

Cruz monumental, sintese de barroco e gótico historicista, perfectamente consuntados, como é a de Santa María de Rus.
Cruces que son expoñente da orfebrería compostelá do século XVIII, coma a de Santa María de Bértoa, ou cruces do século XIX, as de Entrecruces e Anxeríz, con aleación de prata afirmada con outro metal (como son as de Cances, Seavia, Sofán), para poderen resistri o trafego do culto e o paso dos anos.


Cruces do século XX xa amosan a decadencia do noso hispano imperio, pero que intentan, con metales que non son prata, reproducir as tradicionais cruces parroquiais.


Coa liturxia,oramos:


Que Cristo rexurdiu, él o primeiro, é Fe que nesta Pascua proclamamos; de agora e ata o intre derradeiro co teu poder de vida camiñamos.



¡ALELUIA¡





lunes, 17 de marzo de 2008

PARADE UN POUCO ANTE OS CRUCEIROS.....



Na Semana Santa o pensamento e devoción van para tantos cruceiros que hai por Bergantiños adiante.


Cruceiros de Adro, evocados por poetas galegos. Cruceiro con pousadoiro para a veneración do Santísimo Sacramento na procesión de tal día. Cruceiros dos Camposantos que acollian ós difuntos, nos que se rezaba o resmponso final. Cruceiros ergueitos onde houbera algunha desgracia, para lembranza e oración. Cruceiros levantados por devotos en agradecemento pro algún favor recibido. Cruces humildes, sen imaxes, pero que proclaman a Fe das vellas xeracións. Cruces pequenas, como aquelas que vemos no Roncudo, coma homenaxe e recordo de percebeiros falecidos. Cruceiros sen crus, que algún hai, porque roubaron as imaxes quedou só a vara, triste e chorosa, por tanta impiedade.


Veneramos nos cruceiros devoción e fermosura. Son arte popular, pero os nosos vellos canteiros expresan a dor e a morte de Cristo Crucificado, e tamén, a María que recolle no seu regazo o cadáver do Señor.


En moitos cruceiros vemos unha nota redentora, pascual, a victoria da Cruz sobre a morte. Isto significa María Santísima no misterio da súa Asunción, coroada por anxos.


Parade un pouco ante os nosos cruceiros e sentiredes unha emoción renovada, unha chamada interior ante o Misterio da Vida, Morte e Resurrección do Señor.


Coa liturxia do Venres Santo podemos orar:
A vós correndo vou, brazos sagrados, nesa cruz sacrosanta descubertos, que para recibirme os tes abertos , e, por no castigarme, están cravados

A vós, costado aberto, para unirme a vós, cravos preciosos, quero atarme, con atadura duradeira e firme.


Amén.

viernes, 14 de marzo de 2008

AS ELECCIÓNS SON A FESTA DA DEMOCRACIA



As eleccións son a festa da democracia. O poder do pobo exivese nesa liturxia civil pola que son escollidos os que han de gobernarnos por un teterminado tempo.
No mundo grego, Pericles estableceu unha democracía que adoita decirse que é a maís antigua das coñecidas.
Hai a democracia inglesa que pasou despoís a Norteamerica. Paul Casals ten dito que en Cataluña houbera democracía antes que nas Illas Británicas.

A nos chegounos a democracía tras a Revolución Francesa, e as Cortes de Cádiz.

A democracia é como un diamante: duro e fráxil.
Non basta con eleccións democráticas, hay que seguir sendo servidores do pobo. Por via democrática, chegou algún dictador ó poder: é o caso de Hitler.

Dixo aquel Lord inglés: “o poder corrompe, e o poder absoluto corrompe absolutamente”.

A oposición tamén axudará a un bo goberno.
Terá como misión vixiar.

Aquel home do século XVIII coñecido como Montesquieu elaborou a doctrina da separación dos tres poderes: lixislativo, executivo e xudicial. Unha forma de control para asegurar a función da democracía.

No século XX temos unha frase de Winston Churchill: “A democracia é o peor dos sistemas, exceptuados todos os demais”.

Sexamos, poís, demócratas, tolerantes, respetuosos coas persoas, cos dereitos humanos, e o ben común. A democracia está ó servizo dos cidadáns.

Remato cun refrán: “A quién Dios se la dio, que san Pedro se la bendiga”.

Que sexa para ben de todos, pois a democracía é para facilitar a convivencia . Nada maís, e nada menos.

Na liturxia da Igrexa, na Oración dos Fieis, rezamos polos que teñen a obriga de servir ao pobo. E no Venres Santo temos unha solemne oración polos gobernantes. Di así: “Asiste, Señor, coas túa gracia aos que gobernan para que teñamos paz, progreso e liberdade relixiosa”.

Xa dos dixera san Paulo na súa Carta a Timoteo (1,2) que temos que rezar polas autoridades para que podamos vivir tranquilos, en paz, con toda dignidade.

Ogallá sexa así para toda España.