jueves, 8 de mayo de 2008

PARABENS OS CREGOS DE VODAS DE OURO E DIAMANTE




O día 10 de maio é a festa de San Xoan de Avila, patrón do Clero secular español.


Arredor dese día, na arquidiocese compostelá, celebramos as Vodas de Prata,Ouro e Diamante dos sacerdotes que teñen 25, 50 ou 60 anos de ministerio.


Como xa se anuncióu, entre os que esta de xubileo, hai sacerdotes de preto de nós.


Son D. XESUS BELLO MATO, natural de Cances, onde naceu no ano 1931, e foi ordenado presbítero no 1958.


Como xa estivo, no programa As voces de Igrexa de Radio Voz, hai quince días, nada imos engadir.


Pero hai outros compañeiros que tamén estan de Vodas de Ouro e queremos nomeálos:


-D.XERMAN CAAMAÑO MATA, que foi párroco de Ardaña ata 1985, despois pasou a Carral e veu de novo a súa terra, sendo párroco de Castriz.Haberá seis anos que se retirou por enfermidade, e vive na Coruña.


-D.MANUEL GERPE GERPE, natural de Montouto e párroco de Arantón,en santa Comba, así como Secretario da Vicaría Xudicial do Arcebispado.


Tanto este D.Manuel como D. Xermán foron nenos de Coro nos anos de 1940, na Catedral de Santiago.Hoxe non hai aquela institución, pero os que ingresaban como Nenos de Coro eran moi dotados para a música e o canto.
- D. LUÍS PASTORIZA ABELENDA, natural de Valenza (Coristanco), párroco de Caión dende hai moitos anos.

-D. FERNANDO PALLEIRO DOMATO, natural de Sorrizo, párroco de Rianxo.Curmán de D.Luciano Méndez Palleiro, natural de Caión, profesor que foi do Seminario de Santiago, como gran experto en Filosofía.


Lembremos agora a D.FRANCISCO PALLAS LOPEZ, nacido en Razo en 1923, e ordenado no 1948.Párroco de Cerqueda e Vilanova, no Concello de Malpica.


D.Francisco era no Seminario, un gran defensa no fútbol, salientando pola sua fortaleza fisica; tamén amante do canto gregoriano.Os mais vellos recordamos aqueles tempos nos que os seminaristas en tempo de servizo militar, tiñan que prestálo durante as vacacións do verán, e vestían "caqui" coma os demais soldados. Entre eles estivo o noso amabel D.Francisco.
Recorda él moi ben a construcción da actual igrexa parroquial de Razo, onde celebrou a Primeira Misa.


Pois ben o Sr.Arcebispo invita aos sacerdotes para concelebrar estes faustos xubileos.Dará un agasalloaos que estan de Vodas.Convidados polo Sr.Arcebispo, xantaremos e felicitamos a estes compañeiros.


Pediremos ao Señor que lles dea moitos anos de vida para ben das súas parroquias e de toda a Igrexa