lunes, 17 de marzo de 2008

PARADE UN POUCO ANTE OS CRUCEIROS.....



Na Semana Santa o pensamento e devoción van para tantos cruceiros que hai por Bergantiños adiante.


Cruceiros de Adro, evocados por poetas galegos. Cruceiro con pousadoiro para a veneración do Santísimo Sacramento na procesión de tal día. Cruceiros dos Camposantos que acollian ós difuntos, nos que se rezaba o resmponso final. Cruceiros ergueitos onde houbera algunha desgracia, para lembranza e oración. Cruceiros levantados por devotos en agradecemento pro algún favor recibido. Cruces humildes, sen imaxes, pero que proclaman a Fe das vellas xeracións. Cruces pequenas, como aquelas que vemos no Roncudo, coma homenaxe e recordo de percebeiros falecidos. Cruceiros sen crus, que algún hai, porque roubaron as imaxes quedou só a vara, triste e chorosa, por tanta impiedade.


Veneramos nos cruceiros devoción e fermosura. Son arte popular, pero os nosos vellos canteiros expresan a dor e a morte de Cristo Crucificado, e tamén, a María que recolle no seu regazo o cadáver do Señor.


En moitos cruceiros vemos unha nota redentora, pascual, a victoria da Cruz sobre a morte. Isto significa María Santísima no misterio da súa Asunción, coroada por anxos.


Parade un pouco ante os nosos cruceiros e sentiredes unha emoción renovada, unha chamada interior ante o Misterio da Vida, Morte e Resurrección do Señor.


Coa liturxia do Venres Santo podemos orar:
A vós correndo vou, brazos sagrados, nesa cruz sacrosanta descubertos, que para recibirme os tes abertos , e, por no castigarme, están cravados

A vós, costado aberto, para unirme a vós, cravos preciosos, quero atarme, con atadura duradeira e firme.


Amén.