viernes, 29 de febrero de 2008

SAN ROSENDO, QUIROGA PALACIOS E BERGANTIÑOS






No día primeiro de marzo, as dioceses galegas celebramos a festa de San Rosendo.O ano pasado estivo adicado ao undécimo centenario do santo.Falóuse da súa condición de abade e bispo, tamén de que fora nomeado polo rei Ordoño Gobernador de Galicia.Recordamos que por ser de familia distinguida tiña propiedadse en terras da bisbarra de Bergantiños.
Compre subliñar que o primeiro de marzo do 1953, o Cardeal Quiroga Palacios puxo a primeira pedra do Seminario Menor de Santiago, en Belvís.






O paralelismo entre o inesquencible cardeal e San Rosendo é manifesto.Cunha diferencia de dez séculos, os dous foron bispos de Mondoñedo,mesmo os dous exerceron o episcopado en santiago de Compostela;San Rosendo está sepultado en Celanova, en terras ourensáns nas que nacera Quiroga Palacios. Falta agora que o noso cardeal tamén fose beatificado e canonizado como moitos, todos,quixeramos.



Quiroga creou a parroquia de San Rosendo, na Coruña, cidade na que por 1930 , o arcebispo Zacarías Martínez creara a freguesía de San Pedro de Mezonzo.Quedando así perpetuada a memoria destes dosu santos bispos de Compostela, en parroquias da cidade de maior poboación na nosa auquidiocese.



Mai volvamos o Seminario Menor.A obra durou varios anos, pero eran precisos, naquel tempo, pinos para facer estadas. Pois ben, do Seminario Maior de Santiago viñeron alumnos que procedían de Bergantiños, viñeron, digo, a expoñer esa necesidade aos párrocos de estas freguesías, para veren de facer un chamamento á colaboración.O resultado foi que as nosas parroquias aportaron pinos (piñeiros,no Diccionario da R.A.G.) aportaron abondo para levar adiante a obra do Seminario.



Haberá dous anos publicouse en Compostellanum unha memortia daquela obra, e alí consta esta xenerosidade das parroquias de Bergantiños.