martes, 31 de enero de 2012

Costas de Xaneiro todo o ano

Rematamos a costa de Xaneiro. Quedan máis costas que subir este ano. Os medios de comunicación veñen falando e escribindo dos casos de necesidade que aparecen entre nós. Quendas de xente no paro, inmigrantes decepcionados pola iluisón que puxeron chegando a España.

As Caritas parroquiais, as Cociñas económicas, moitos centros da Cruz vermella e de asociacións relixiosas desvívense por acoller, atender, pero non dan feito.

Os sináis son que isto vai en aumento. Rexistremos o feito de que tamén se nota maior caridade, solidariedade na xente.

Temos os escándalos coñecidos de persoeiros políticos que despilfarran, ou que se aproveitan dos bens que son para favorecer á sociedade, e que da mesma sociedade procede. Seica entre nós, é maior cada vez a distancia entre ricos e pobres.

Temos a inxusticia instalada na sociedade, o pecado social. Cómpre denuncialo.

Como crentes, sentímonos máis obrigados ca ninguén a colaborar coas nosas axudas. Porque o amor a Deus maniféstase no amor ao próximo, e canto máis necesitado, máis urxente é a nosa obriga de socorrer e axudar.

Faremos máis levadeiras as costas de cada mes que irán aparecendo nos vindeiros tempos.