miércoles, 5 de marzo de 2008

RECOÑECEMENTO A MULLER TRABALLADORA






Imos celebrar no día 8, o DIA DA MULLER TRABALLADORA.
Se hai, houbo, mulleres traballadoras, foron as galegas do noso mundo rural.



Levaban os labores da casa e os do campo.Baste ver fotografías con mulleres sachando, cargando no carro, levando cestas de herba na cabeza
Alédanos, ver que ,hoxe, a muller galega, como tantas, traballa no ensino:infantil, medio ou superior.Ocupa postos relevantes na política, participa en competicións deportivas;temos acreditads locutoras de radio, presentadoras de TV, periositas



Quizàis se as Xefaturas do Estado e Goberno estiveran en mans de mulleres habería mais sensibilidade ante os problemas da fame no mundo,gueras,etc.



Aquí váisenos a pluma a lamentar ese crime, que , de vez en cando fire a nosa mente e corazón: a violencia doméstica. Parece que é o pago que damos a tanto aguante das mulleres.



Pero queda por dicir que as nosas igrexas teñen na muller a gran colaboradora:decoro dos templos participación na liturxia,na catequeses, nas obras de caridade.



Calquera se decata que a meirande parte da xente que participa nas celebracións relixiosas, son mulleres .tamén son elas as grandes transmisoras da Fe crsitía na familia.



DIOLOPAGUE, POIS, ÁS NOSAS MULLERES CATÓLICAS.
GLORIA E HONOR A TANTAS MULLERES, NAIS DE FAMILIA, MULLERES NOVAS, SOLTEIRAS, QUE TANTO TRABALLAN POLA CAUSA DO EVANXEO