miércoles, 13 de febrero de 2008

SAN VALENTÍN



Esta semana tráenos a regalía de San VALENTIN , presbítero e mártir na Roma do século III, en tempos do emperador Claudio II. Se non évero é ben trovato, que dín os italianos.

Si. É fermoso aquilo que contan do santo, que seica casaba a noivos que por lei non podían casar, pois o emperador non permitía que os seus soldados, os das invencibles lexións romanas, foran o exército xa casados, pois os solteiros loitaban con mais bravura cós casados.Que sabe se por iso lle puxeron de nome Valentín ao noso santo pois enfrentarse ao poderoso emperador romano supón moita valentía. Un apelativo, pois, que honra ao santo dos enamorados.

O amor é indefinible. Os diccionarios aportan moitas acepcións. Hainas que miran ós aspectos sicolóxico, biolóxico, mesmo químico.

Para un cristian, AMOR, con maiúsculas e por antonomasia, é Deus.

Mil formas de amor hai no noso mundo. Canto mais puro, libre, xeneroso canto menos egoista e comenenciudo tanto máis se pareceráao amor de Deus.E non cabe duda que batemos cada día con formas de auténtico amor, que nos fan lembrar o amor de Deus. Por exemplo , o amor de Nai: Coma el, outro non hai, dí un adaxio galego.

Tamén nos noivos ha de haber ese amor limpo, xeneroso, de quen se prepara para tan alta misión como é a da familia cristiá.

E ben. No medio das rebaixas, poida que San Valentín anime un pouco a vida do comercio, que tamén tén a súa crise.

Vaites, vaites, con San Valentín.