viernes, 4 de abril de 2008

AS FILLAS DA CARIDADE




As normas de Liturxia teñen as súas esixencias. Así, este ano, por caer tan baixa a Semana Santa, ou, se queremos, tan adiantada a Pascua, houbo que trasladar a celebración da Anunciación (ou da Encarnación do Señor), a un día máis aló da semana de Pascua.


Sabido é que as Fillas da Caridade cada ano renovan os seus votos o día 25 de marzo, que é o dia fixado no Calendario da Igrexa para a celebración da Anunciación a María da Encarnación de Xesús. Pero nos anos en que tal celebración se traslada, tamén as Fillas da Caridade trasladan a renovación dos seus votos. Así ocurriu este ano.


As Fillas da Caridade son creación de San Vicente de Paúl, no século XVII, párroco en París, con especial adicación ós pobres, a toda clase de pobreza, sendo él un Apóstol da Caridade.


As Fillas da Caridade chegaron a España haberá 215 anos, e están en Carballo desde hai 52 anos.


Falando con precisión, as Fillas da Caridade no son monxas, aunque o pobo adoita chamalas así. A intención do Fundador, San Vicente, quixo que as Fillas da Caridade estivesen no medio do mundo, non recluidas nun convento. Por iso son relixiosas seglares, tanto que, o establecido por San Vicente foi norma que, no ano de 1940, o Papa Pio XII extendeu á toda a Igrexa, fundando o que chamamos Institutos Seculares. Hoxe hai moitos Institutos destes, pero ningún supera ó das Fillas da Caridade en popularidade, e número de obras de caridade que elas atenden en todo o mundo.


Temos en Carballo un centro de contantes servizos de caridade a moitos nenos e nenas de Bergantiños e de fora desta mesma terra.


Desde aquí queremos felicitalas e agradecerlle o seu exemplo constante, calado, para tanta obra boa que veñen levando adiante entre nós. Que o Señor siga bendicindo con novas vocacións a obra das Fillas da Caridade.