martes, 5 de febrero de 2008

CELEBREMOS O ENTROIDO PARA ENTRAR NA CORESMA


Hoxe queremos proclamar a necesidade do Entroido, coma un tempo de folgos para o comezo da Coresma.

Mais a globalización fai estragos na identidade do noso Entroido.Estase a coverter nun Carnaval coma o de Caiz, ou de Tenerife, que,ao meu ver estan influidos polo de Rio de Xaneiro.

Botamos de menos no noso Entroido a poética popular que creou tantos testamentos do Entroido, mestura de sátira e retranca.

Non vemos escenificacións con agudeza mental das situacións que vive a nosa terra bergantiñá.

Había carros e carrilanas, Vellos do Entroido que percorrían as aldeas e mesmo entraban nas casas onde, xa en confianza, amosaban a súa real faz.

Parécenos que nos tempos da cociña vitrocerámica hai as filloas “da pedra”, unha creación que parece levarnos a prehistoria. Quizais o cocido galego (hoxe mais sofisticado) é o que ainda perdura nos nosos xantares.
Poida que haxa unha saturación festiva que nos rouba o gozo das festas estacionais. Todo queda mais plano, chan. Temos fins de semana, vacacións, cumpreanos,etc

Nin a mesma Coresma é un tempo riguroso como antano.Veña, pois, o Entroido, que, para os creentes católicos, da paso a un tempo de revisión, reflexión, renovación da vida cristiá e así con Cristo rexurdir a unha vida nova.