viernes, 18 de enero de 2008

San Paio de Xaneiro




SAN PAIO DE XANEIRO


Mentres imos subindo a Costa de Xaneiro, veñen ao noso encontro os santos do inverno, como son S.PAIO o primeiro ermitán, e S.AMARO,monxe.

Son santos que florecen canda as mimosas, unha planta que inzou na terra galega, beneficiándose da nosa humidade e que abrocha tan pronto como van espertando os días.


Bergantiños ten tres igrexas nas que se venera a S.Paio. A mais coñecida é o santuario de San Paio da Devesa, na parroquia de Entrecruces, perto da Férveda do rio Outón.Aqué santuario é digno de ser visitado, tanto pola veneración do santo, como para ver a bóveda de nervaturas góticas, o retablo barroco, as imaxes tan valiosas alí gardadas. Todo agora moi ben restaurado.

Despois por un carreiro ben disposto, pódese ir deica a Férveda, que se o río leva enchenta, fará alí un cadovio de auga que nos deixará pasmar uns intres polo dinamismo do espectáculo e o batifondo da baixada das augas repartidas.

San Paio ermitán haimo tamén en Coristanco e en Goiáns.Contrstas esta imaxe coa habitual do santo, que casi sempre vai con hábito talar, capa e capucha, pero en Goiáns está casi expido e meditante ante un Crucifixo que leva na man.

De San Amaro, o santo benedictino, coñecido como San Mauro en ambientes castelanizados, non temos veneración en Bergantiños, polo menos que eu saiba.Pero si temos o San Amaro de Barouta, lindando con Dubra,en Ames.
Por certo tamén
en Niveiro (Dubra) retornaron o culto a San Paio, desde hai catro anos.Antes había unha capela no no monte, que otempo arruinou.Agora o culto é na parroquial.


Datos Biográficos



DATOS BIOGRAFICOS DE D. JOSE PUMAR:




Nacido y Bautizado en Buxán /(Valle del Dubra) el 8 /X/1931 Ordenado sacerdote en Santiago el 6-VI/1954.

Cura de las parroquias: Xavestre (1954-55)Trazo (1955-60) Bastavales (1960-1975), Seavia-Erbecedo (1975-1987), Padrón (19987-1997).

Desde esta fecha en Carballo, como miembro del equipo sacerdotal que atiende la Unidad Pastoral.

Músico, escritor, investigador o etnógrafo son algunas de las facetas que tiene en la maleta este estudioso viajero de la vida. Enamorado de la obra y la tierra de Rosalía de Castro, Pumar Gándara tras recorrer varias parroquias, entre ellas las de Bastavales o Seavia, vive en la capital de Bergantiños, entregado al conocimiento de una comarca que siente como propia...