viernes, 11 de abril de 2008

BOLOS DE PASCUA, MELLOR QUE EUROS




XA imos adiantados no tempo Pascual, pero liturxicamente a Pascua é unha vivencia permanente durante cincuenta días.
Non esquenzamos realidades sociais, culturais,mesmo tamén pertenecentes á celebración cristiá do bautismo, como son os agasallos que os padriños dan ós seus afillados.Con iso queren ratificar o seu compromiso por colaboraren na formación cristiá que xurde daquelo sacramento.


Nos tempos feudais, os señores recibian o tributo cuaresmal, que eran ovos de galiña, pois, pasado o inverno empezaban a abondar.


Un ovo é xermen de vida, coma a primavera, coma a Pascua. Con ela, Cristo, e nós empezamos unha vida nova no bautizo ou renovándoa na Vixilia Pascual.


Os hebreos, cando sairon de Exipto,comeron o pan sen levedar, pois tiñan presa para botarse ao camiño.


Na Pascua, en tempos de Xesús, e agora nós, tamen temos para a Eucaristia, pan sen levedar.


San Paulo dinos que temos que ser pans novos, sen levadura, sen pecado.Esa ten que ser a nosa Pascua.


Os xudeos comían durante sete días, empezando na noite da Pascua, o pan sen levedar.


Se xuntamos a s dúas cousas: o pan e mais os ovos, teremos eses bolos que os padriños daban ós afillados. E digo daban, porque quizais os afillados de hoxe prefiern euros en vez de bolos de ovo con azucre.Mais o vil metal ou un billete de é frío, duro, non ten sentimento.


Gustábanos a estampa popular de ver ós nosos moufando no sabroso pan de ovo, e cos beizos cheos de azucre.