miércoles, 30 de abril de 2008

ANTE O PRIMEIRO DE MAIO



Estamos no ambiente obreiro, que nos trae todos os anos a Festa do Traballo no primeiro de maio.


Onte, día 28, foi o día mundial pola Seguridade e a Saúde no Traballo.Temos un alarmante número de accidentes no traballo, tanto na industria, como na construcción, no tráfico e tamén no moderno traballo agrícola.


Foi o día 1º de maio do 1886 cando en Chicago preto de 100.000 manifestantes pedían a rebaixa das horas de traballo, para quedaren en oito horas diarias, polo tanto 48 horas semanais.


O enfrentamento coa policía durou unha semana, morreron ducias de obreiros e tamén policías.Houbo centos de feridos, entre eles, mulleres e nenos. Houbo xuizo e sentenza con aforcamento dous días despois.


Nos nosos días, apareceu o paro pola situación económica que se da nas economías do mundo.A suba do petróleo, o decaemento da construcción,son causas recoñecidas. Velaí un gran traballo para economistas e políticos.


Velaí os problemas humanos para inmigrantes, emigrantes, traballadores.


Pensamos nos nosos labregos que teñen todo mais caro para produciren e todo mais barato a hora de vender.Invertiron en maquinaria, teñen préstamos que pagar.Sabémolo ben moitos galegos que descendemos de familias traballadoras no campo.


A Igrexa pon no 1º de maio a festa de San Xosé Obreiro.Pertencía él a unha clase humilde.
Algún autor escribiu: Moitos delantais, vestimentas de carpinteiro, irán para acarón de Deus;quizais moitos traxes de gala, quedarán mais abaixo