jueves, 21 de febrero de 2008

ROSALIA DE CASTRO E BERGANTIÑOS



O 24 de febreiro do ano 1837 nacia en Santiago unha nena a quen lle puxeron por nomes María Rosalia Rita, cando a bautizaron na Inclusa que había no Hospital Real de Santiago. Os maís vellos recordamos esa institución que había no Hospital, que hoxe é o chamado Hostal dos Reis Católicos, na Praza do Obradoiro.


A nena tratada, a nosa Rosalia Castro, non ingresou naquela institución benemérita. Ela era da familia dos Castros, na Matanza, en Padrón.

Rosalia de Castro, bandeira da nosa fala galega, ten moito que ver con Bergantiños, casou cun recoñecido bergantiñán. Así se proclamaba Manuel Martínez Murguia, que nacer na aldea de Froxel, en Oseiro, Concello de Arteixo.

Rosalia estivo, de moi nova, en casa de Eduardo Pondal, en Muxia, e alí, na romería da Barca, situa o seu recoñecido poema, moi colorista, descriptivo da popular ramaría.
Sabemos tamén da amistade de Rosalia e o vate Eduardo Pondal, de Ponteceso, quén conpuxo un sentido poema cando Rosalia estaba moi mala.

Finalmente, Rosalia adicou a fotografía na que aparece coa súa familia, a Gregorio Gómez Quintela, nado en Caión, curmán de don Xoaquín, o párroco de Lema.

De Rosalia dixo a súa filla Gala (a que maís tempo sobreviviu) que endexamais pasara un pobre pola súa porta que non recibira limonsna da súa nai. A pesares de que houbo tempos nos que Rosalia tivera que pasalas moi estreitas. Boa cristiá, muller de fe era a nosa Rosalia.