martes, 22 de enero de 2008

O DIACONO SAN VICENTE



Desde hai algún tempo, temos na nosa diocese de Compostela Diáconos permanentes, que veñen colaborando en parroquias das cidades de santiago e A Coruña.

Esta é unha vella novidade, como adoita dicirse porque diáconos permanentes habíaos na igrexa apostólica e na dos primeiros séculos.

Así temos San ESTEVO, elexido con outros seis, polos mesmos Apòstolos, para seren servidores, é dicir, diáconos na Igrexa de Deus.

San Lourenzo e San Vicente, son diáconos permanentes en tempos de persecución.

Mártires, é dicir, testemuñas, foron os tres que nomeamos.

Hoxe estamos coa celebración do martirio de san vicente, diácono en Zaragoza, nos comezos do século IV.Tanto se estendeu a súa fama, que o propio S.Agostiño loubou a súa fe e valentía.

Preto de nós, temos o Mosteiro de Almerezo, hoxe San Vicente da Graña, na parroquia de Cospindo. Aquel antigo mosteiro foi estudiado por Lopez Ferreiro,e, haberá tres anos o Instituto de Estudios Bergantiñáns premiou un traballo de Santiago Daviña Sainz, no que este historiador , correspondente da Real Academia Galega, recopilaba toda a documentación da que se pode dispoñer nos nosos arquivos sobre o veterano mosteiro.

Dóenos ter que dicir que o amigo Santiago Daviña finou haberá dous meses, poucos días despòis de recibir outro premio aquí en carballo por un estudo sobre os Baños Vellos. D.E.P.

Outro San Vicente témolo en Vimianzo, con igrexa nova, amplia, feita en tempos do recordado párroco D. Manuel Srjomil, natural da Vila que testimonia a gratitude co seu párroco pola devandita obra, cunha placa na fachada do templo.

Outras freguesías adicadas a San Vicente, preto de nós, son as de Rial e Niveiro, no Val do Dubra. Estas igrexas poden verse desde a estrada que vai de santiago a Carballo. Pero haberá que ter moito tino se se vai co volante na man, e o conductor quere admirar fachadas e campanarios de tan fermoso val.