martes, 13 de mayo de 2008

San Isidro Labrador





O xoves, 15 deste mes de maio temos a festa de S. Cidre, conocido como San Isidro Labrador, patrón de Madrid, onde é día festivo, no eclesiástico e no civil.


É un santo do século XI, que traballaba como xornaleiro nos campos onde se levantou a gran cidade de Madrid.


Os seus restos mortais consérvanse na igresa que veu exercindo de catedral ata que se rematou da Almudena, en tempos do cardenal Suquía, ben coñecido entre nos por ser arcebispo de Santiago nos anos que van do 1973 ata 1983.


En Bergantiños conservamos o haxionimico particular, CIDRE, porque hai o homes así chamados e porque hai o topónimo VILAR DE CIDRE na parroquia de Razo.


Festa adricada a S. Cidre haina na parroquia de Xaviña, en Coristanco. A imaxe do santo preséntase arando, conducindo un par de bois; en actitude orante, moitos casos, acompañado da sua dona, que é Sta. María da Cabeza. Por certo, esta santa ten culto na parroquia de San Simón Ons, conocida como “cacheiras”, disque porque levaron cacheiras como ofrendas á capela da santa.


Mirando a Bergantiños, que é tan agrícola, graneiro de Galicia, vemos unha terra onde o sector do agro vai perdendo traballadores, como tamén o mariñeiro. O comercio, os servicios, a industria, a construcción, os estudos universitarios... van gañando seguidores en detrimento do campo, e dos pescadore. Pero é xusto recoñecer que a cultura propia de Bergantiños, a sua fala ten sonora, a sintaxe da misma, todo iso foi patrimonio conservado por labregos e mariñeiros.


E así mesmo, a valioso don da Fe cristá.


Polo tanto, tivemos acó moitos santos Cidre, que nos axudaron a ser o que somos e debemos seguir sendo como cristians.