martes, 10 de enero de 2012

NOVO OBISPO DE OURENSE

 

Con motivo do nomeamento de D. Leonardo Lemos Montanet para bispo de Ourense, cómpre que fagamos un resume dos bispos que en tempos recentes, deu a nosa diocese.

 

Non hai moito, D. Luís Quinteiro Fiúza, bispo auxiliar de Santiago estivo en Carballo en Visita Pastoral, e despois pasou a Ourense, agora está en Tui-Vigo.

Antes del, D. Xosé Diéguez Reboredo, agora bispo emérito de Tui-Vigo, exercera como bispo de Osma-Soria e despois de Ourense.

Mentemos aquí a D. Uxío Romero Pose, baiés, bispo auxiliar de Madrid. Finou haberá catro anos, foi unha gran perda para a Igrexa e para a cultura galega, e para todo Bergantiños.

Algo máis antes no tempo, temos a D. Xosé Cerviño Cerviño, que polo ano 78 pasou a ser bispo de Tui-Vigo. Antes fora auxiliar do Cardeal Quiroga.

Case todos foron profesores do Seminario e membros do Cabido da Catedral.

Pero en Santiago, o convento de San Francisco tamén deu varios bispos, que exerceron como arzobispos de Tánger.

Empezando no século XX temos a :

  • Monseñor Aldemunde, D. Carlos Amigo (hoxe cardeal), D. Xosé Gómez, finado como bispo de Lugo. O padre Peteiro, finado haberá tres anos e sepultado na súa parroquia natal, Santa María de Mezonzo.

Actualmente exerce como arzobispo de Tánger, o galego franciscano D. Manuel Agrelo.

No hay comentarios: