martes, 3 de enero de 2012

O día 7 san Xulián

San Xulián de Bastavales


(Festa o 7 de Xaneiro)





San Xulián é un santo mártir do século IV, que, moi venerado no oriente cristián, chegou ao occidente e, entre nós, é patrón de parroquias como Malpica, Brantuas, San Xusto, Coiro, Lendo. Ademais, é patrón de Ferrol e do Mosteiro de Samos.




Digamos tamén que é o santo do señor arcebispo D. Xulián Barrio, que é o segundo arcebispo compostelán que leva tal nome.



(Moitas felicidades, Don Xulián, señor arcebispo)



Non hai moitos datos sobre a vida do santo. Da súa popularidade son testemuña os varios haxionímicos que o pobo galego creou para el. Así temos: Xiao, Xián, Xullán, que me parece están vixentes na bisbarra de Monfero.



Carencia de datos, popularidade e a coincidencia da festa en temporada de caza, poida que expliquen a lenda que os cazadores crearon para el. A imaxe vai vestida de nobre como nos séculos XVII e XVIII. Moitos destes persoeiros tiñan a caza como deporte e divertimento.



Segundo o noso modesto parecer, o santo, como din as crónicas, compareceu ante as autoridades civís, valorando a súa dignidade de cristiano e proclamando abertamente a súa fe. Por iso, pensamos nós, que a vestimenta que leva a imaxe e a ave que amosa na man esquerda, representan o devandito. Leva na man unha pomba, que é a expresión do Espírito Santo que falou por boca del, como ensina o evanxeo.



Os cazadores cargáronse de trocar a pomba nun falcón e convertir a san Xulián en compañeiro deles. Despois, vén a lenda que compuxeron as fantásticas mentes dos aficionados á caza.



Todo quedou na idea dos devotos que se encomendan ó santo. Especialmente os cazadores que tamén teñen a san Huberto por patrón.

No hay comentarios: