martes, 14 de febrero de 2012

San Valentín mártir

Seguramente ós nosos oídos chegou a noticia de que hoxe é san Valentín, patrón dos namorados. A lenda que hai sobre o santo parece xustificar ese patrocinio. Disque casaba él ós soldados, estando prohibido, pois a misión militar, a conquista de territorios para o Imperio Romano, non deixaba acougar ós mozos daquel tempo para que fundasen unha familia.

Por desobedecer as leis do imperio foi martirizado san Valentín.

Certamente, anque esteamos de rebaixas, hai falta dalgún estímulo para que a xente merque algo, e moito o agradecerá o noso comercio.

Estamos no Entroido, é un fenómeno social que ten repercusión particular nas diversas bisbarras de Galicia.

Hai un entroido festivo, nas rúas, que enche de color e alegría á xente. Comparsas, carrozas… todo froito da imaxinación de mentes creativas, como hai na mocidade.

Hai o Entroido da mesa, dos xantares sobreabundantes. Quizáis aquí perdemos o aspecto familiar que antano había cos xoves de comadres e de compadres.

Hai o Entroido literario, cultural, que se manifesta en versos cheos de gracia nos que vai a sátira benevolente sobre os nosos defectos comunitarios.

Cada quen verán no que pode participar porque o entroido a todos convida.

No hay comentarios: