martes, 20 de septiembre de 2011

Rematando Setembro

 Vista lateral del convento de las Madres Mercedarias

Santiago de Compostela

Mañá e día de San Mateo, un apóstolo e evanxelista que moito nos instrúe a todos no seu evanxeo que este ano precisamente, o seu texto lémolo cada domingo.

     Non hai moitas imaxes do santo. Haina, sí, na Agolada e no coro dos apóstolos que aparecen no retablo maior de Seavia. Agora tamén nunha vidreira das postas hai pouco na igrexa parroquial de Carballo.

     O día 24 temos unha celebración que trae felicitación para todas as Mercedes. Nome real, pois foi o da esposa de Alfonso XII que o deixou viúvo e isto dou pé a unha célebre película. Mercedes era tamén a nai do rei Xoán Carlos.

     Como fundador da orde da Mercé era catalán, San Pedro Nolasco, nesas terras ten moitos devotos Nosa Señora da Mercé. En Santiago hai un artístico convento de mercedarias. De mercedarios foi o convento de Conxo. Adicada a Virxe da Mercé hai na aldea de Lapido, parroquia de Ortoño, unha ermida, agora restaurada, que Rosalía de Castro visitaba cando, de nena, morou na veciña aldea de Castro. Por iso visitaba Rosalía á Nosa Señora da Mercé que había en Conxo. Todo isto sabíao ben, e contóunolo, o padre Placer López, mercedario, natural de Pontedeume.

     Temos, asimesmo, o Día do Alzheimer. Este ano anúnciase unha vacina contra este mal creada por médicos galegos. Sexa benvida

1 comentario:

Nuria M.Núñez E. dijo...

Ola a todos.
Aledounos moito atopar o voso blogue.
Pertenzo á parroquia de Mondariz e gustaríame poñerme en contacto con vós; estou buscando parroquias que traballen en galego e queiran compartir os seus traballos e vivencias. Temos unha páxina web (case dous) e un blogue con material que estivemos recollendo durante anos, chámase xanostesaqui (igual que o canto de catequese).
Tamén esperamos que nos deades permiso para poñer a vosa ligazón na web e que vós poñades a nosa se vos interesa contactar con outras parroquias de Galicia.
Para poñernos en contacto podedes mandarnos unhas letras a xanostesaqui@gmail.con
Un saúdo e unha grande aperta desde Mondariz