martes, 29 de enero de 2008

A CANDELARIA E SAN BRAIS


Estamos achegándonos ao medio do inverno. As festas da Candelaria e San Brais dan un particular tono ás nosas parroquias.

No día 2, as nais levan os seus nenos recentemente bautizados, á igrexa, como facían as nais hebreas; como fixo Nosa Señora, Santa María, levando a Xesús ao templo, e ser alí presentado a Iahveh.
Despois de 40 días, temos a Presentación do Neno Xesús.Evocación, pois, do compromiso dos pais cristiáns para educaren así ós seus nenos.
Os maiores tamén podemos ratificar ese mesmo compromiso, co noso comportamento.
A musa popular deunos uns versos que levan algo de retranca e de alento para o labrego galego cando había aqueles invernos crus, longos,cheos de humidade:

Se Candelaria plora,
O inverno vai fora.
Se Candelaria rí,
O inverno está por vir.
E ce chora e se rí
A metade vai fora,
Otra metade está por vir.


San BRAIS é o santo que precisamos en terras nas que os males da gorxa e da reuma fan moitos estragos.
Haberá Misa de San Brais en moitas igrexas.No porta, un pequeño grupo de mulleres amantes da tradición, ofrecerán melindres ós devotos.Estarán pasando frío, ou quizais ó abeiro dun paraguas, se chove.
Por favor, mercade algo para levar para as casas.
Na igrexa, bendicirán o pan de San Brais, costume moi xeral en Rusia. Ë unha forma popular de levar a intercesión do santo mesmo ás nosas gorxas.Así mellor poderemos cantar loubanzasa a Deus.

No hay comentarios: