miércoles, 13 de febrero de 2008
SAN VALENTÍN
martes, 5 de febrero de 2008
CELEBREMOS O ENTROIDO PARA ENTRAR NA CORESMA
Poida que haxa unha saturación festiva que nos rouba o gozo das festas estacionais. Todo queda mais plano, chan. Temos fins de semana, vacacións, cumpreanos,etc
sábado, 2 de febrero de 2008
Ser galeguista é ter espíritu de amor á terra dun, e á xente, e tamén á vida e aos mortos

Lo primero fueron los hábitos. No es tema menor que Pumar Gándara sea la cuarta generación (y tres sacerdotes más por la rama materna) de una familia de curas. Un tío, otro tío, otro tío, él. Pumar Foxado, Pumar Cornes, Pumar Gómez y Pumar Gándara. No habrá quinta, «lamentablemente». Su sobrino ha optado por el régimen especial agrario más que por el general de la vocación sacerdotal.
Xosé Pumar nació en la aldea de Quintán, en Buxán-Val do Dubra. Un bistío era coengo en la catedral de Santiago y lo llevó a Santiago de niño, en el 35, con solo cuatro años. En julio de ese año, recuerda, lo llevaron a ver el aeropuerto de Lavacolla. Su vida iría quedando ya muy asociada ya a Compostela, pero siempre sin perder el fuerte vínculo con su tierra natal, sobre todo en las vacaciones. Y que aún mantiene.
Es la suya una descendencia de una casa fuerte. El primer cura de la estirpe era ya hijo de un cabezadoiro, un hombre destacado, que cobraba las rentas, iba a Santiago y hasta tenía en su Casa el Concello, la misma en la que nació Pumar.
Pumar vive en Carballo, jubilado, pero escribiendo, dando misas, participando en el espacio de los martes de Radio Voz Bergantiños junto a José García Gondar, y cuyos textos pueden verse en la web parroquial (http://www.parroquiadecarballo.com/).
Le gusta echar un vistazo a las fotos antiguas, y compara. «Hoxe vese moito cemento, uralita. Non se respecta a terra, parece que a maltratamos, e todo ao servizo da mecánica». Reconoce que se ha mejorado en muchos aspectos, pero matiza: «Ao mellor, a doses de dor no mundo de hoxe son tantas ou máis que fai moitos anos. Había felicidade naquel mundo. Non quero darlle á moviola para atrás, pero pérdese aquela confianza que había. Comías o caldo alí onde estaba, dábanllo aos rapaces, estaban as portas abertas...», concluye el sacerdote, con un más que evidente atisbo de melancolía no disimulada.
martes, 29 de enero de 2008
A CANDELARIA E SAN BRAIS
No día 2, as nais levan os seus nenos recentemente bautizados, á igrexa, como facían as nais hebreas; como fixo Nosa Señora, Santa María, levando a Xesús ao templo, e ser alí presentado a Iahveh.
Os maiores tamén podemos ratificar ese mesmo compromiso, co noso comportamento.
O inverno vai fora.
Se Candelaria rí,
O inverno está por vir.
E ce chora e se rí
A metade vai fora,
Otra metade está por vir.
San BRAIS é o santo que precisamos en terras nas que os males da gorxa e da reuma fan moitos estragos.
Por favor, mercade algo para levar para as casas.
martes, 22 de enero de 2008
O DIACONO SAN VICENTE
Desde hai algún tempo, temos na nosa diocese de Compostela Diáconos permanentes, que veñen colaborando en parroquias das cidades de santiago e A Coruña.
Esta é unha vella novidade, como adoita dicirse porque diáconos permanentes habíaos na igrexa apostólica e na dos primeiros séculos.
Así temos San ESTEVO, elexido con outros seis, polos mesmos Apòstolos, para seren servidores, é dicir, diáconos na Igrexa de Deus.
San Lourenzo e San Vicente, son diáconos permanentes en tempos de persecución.
Mártires, é dicir, testemuñas, foron os tres que nomeamos.
Hoxe estamos coa celebración do martirio de san vicente, diácono en Zaragoza, nos comezos do século IV.Tanto se estendeu a súa fama, que o propio S.Agostiño loubou a súa fe e valentía.
Preto de nós, temos o Mosteiro de Almerezo, hoxe San Vicente da Graña, na parroquia de Cospindo. Aquel antigo mosteiro foi estudiado por Lopez Ferreiro,e, haberá tres anos o Instituto de Estudios Bergantiñáns premiou un traballo de Santiago Daviña Sainz, no que este historiador , correspondente da Real Academia Galega, recopilaba toda a documentación da que se pode dispoñer nos nosos arquivos sobre o veterano mosteiro.
Dóenos ter que dicir que o amigo Santiago Daviña finou haberá dous meses, poucos días despòis de recibir outro premio aquí en carballo por un estudo sobre os Baños Vellos. D.E.P.
Outro San Vicente témolo en Vimianzo, con igrexa nova, amplia, feita en tempos do recordado párroco D. Manuel Srjomil, natural da Vila que testimonia a gratitude co seu párroco pola devandita obra, cunha placa na fachada do templo.
Outras freguesías adicadas a San Vicente, preto de nós, son as de Rial e Niveiro, no Val do Dubra. Estas igrexas poden verse desde a estrada que vai de santiago a Carballo. Pero haberá que ter moito tino se se vai co volante na man, e o conductor quere admirar fachadas e campanarios de tan fermoso val.
viernes, 18 de enero de 2008
San Paio de Xaneiro
SAN PAIO DE XANEIRO
Mentres imos subindo a Costa de Xaneiro, veñen ao noso encontro os santos do inverno, como son S.PAIO o primeiro ermitán, e S.AMARO,monxe.
Son santos que florecen canda as mimosas, unha planta que inzou na terra galega, beneficiándose da nosa humidade e que abrocha tan pronto como van espertando os días.
Bergantiños ten tres igrexas nas que se venera a S.Paio. A mais coñecida é o santuario de San Paio da Devesa, na parroquia de Entrecruces, perto da Férveda do rio Outón.Aqué santuario é digno de ser visitado, tanto pola veneración do santo, como para ver a bóveda de nervaturas góticas, o retablo barroco, as imaxes tan valiosas alí gardadas. Todo agora moi ben restaurado.
Despois por un carreiro ben disposto, pódese ir deica a Férveda, que se o río leva enchenta, fará alí un cadovio de auga que nos deixará pasmar uns intres polo dinamismo do espectáculo e o batifondo da baixada das augas repartidas.
San Paio ermitán haimo tamén en Coristanco e en Goiáns.Contrstas esta imaxe coa habitual do santo, que casi sempre vai con hábito talar, capa e capucha, pero en Goiáns está casi expido e meditante ante un Crucifixo que leva na man.
De San Amaro, o santo benedictino, coñecido como San Mauro en ambientes castelanizados, non temos veneración en Bergantiños, polo menos que eu saiba.Pero si temos o San Amaro de Barouta, lindando con Dubra,en Ames.
Por certo tamén en Niveiro (Dubra) retornaron o culto a San Paio, desde hai catro anos.Antes había unha capela no no monte, que otempo arruinou.Agora o culto é na parroquial.
Datos Biográficos

Nacido y Bautizado en Buxán /(Valle del Dubra) el 8 /X/1931 Ordenado sacerdote en Santiago el 6-VI/1954.
Cura de las parroquias: Xavestre (1954-55)Trazo (1955-60) Bastavales (1960-1975), Seavia-Erbecedo (1975-1987), Padrón (19987-1997).
Desde esta fecha en Carballo, como miembro del equipo sacerdotal que atiende la Unidad Pastoral.
Músico, escritor, investigador o etnógrafo son algunas de las facetas que tiene en la maleta este estudioso viajero de la vida. Enamorado de la obra y la tierra de Rosalía de Castro, Pumar Gándara tras recorrer varias parroquias, entre ellas las de Bastavales o Seavia, vive en la capital de Bergantiños, entregado al conocimiento de una comarca que siente como propia...